Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos. Este ano celébrase baixo o lema "Museos pola igualdade: diversidade e inclusión."
En España temos moitos museos de todo tipo.
Moitos deles ofrecen visitas virtuais xa que non os podemos visitar en persoa como o Museo del Prado, o Museo Reina Sofía, o Museo Nacional de Historia Natural, o Museo del traje...
E xa que este ano traballamos a Ciencia. Fostedes algunha vez aos Museos Científicos da Coruña? Seguro que si!
Cal é o que máis vos gusta? Por que?
"Museo Virtual do Colexio Castelao"
Si se acabase o mundo e tiveses que salvar algo que sería?
Pode ser desde un invento, un edificio, un libro, un lugar, un cadro...
Envíanos unha foto do que salvarías a bibliocastelao@gmail.com Tamén podes explicarnos brevemente o por que da túa elección e publicarémolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario