Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas

25 enero 2024

Obradoiro en familia: Elaboración dun conto multisensorial

Se vos gustan os contos, as manualidades, aprender cousas novas... pasa unha tarde diferente en familia.

O vindeiro 2 de febreiro de 16 a 18 horas, dentro do programa Lectura e Familias e en colaboración coa ANPA Os Gudiños, haberá o seguinte obradoiro na biblioteca escolar





Pica na imaxe e anótate xa!

 

30 mayo 2023

A Que Sabe a Lúa

 O curso pasado o alumnado de 6º B creou unha versión de 

                    A Que Sabe a Lúa

en Stopmotion dentro das actividades de Literatura e Creatividade de Educación Responsable da Fundación Botín e coa voráxine de fin de curso non nos demos conta de que non o compartíramos con todos vós. 


A que fixeron un gran traballo?


25 marzo 2020

Queda na casa cos teus contos favoritos de OQO















 Tamén tedes en Youtube "Os contos do camiño", realizados por OQO filmes.

Trátase dunha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. 
Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO Editora.

Aquí vos deixamos un enlace para que vaiades directamente aos vídeos e elixades vós mesmos. 


https://www.youtube.com/results?sp=mAEB&search_query=os+contos+do+cami%C3%B1o+oqo+


Queda na casa con Kalandraka TV

Coñecedes estes contos, verdade?






Aquí vos deixamos un enlace para que poidades entrar en Kalandraka TV e ver os contos contados que están a disposición de todos.

CONTOS CONTADOS: http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33


                                        


13 febrero 2019

CONTACONTOS


Hoxe tivemos un divertido Contacontos para educación infantil ofrecido pola Editorial Kalandraka. Nos contaron varios contos, entre eles  A Ratiña Presumida e O  Elefante Nunú. 
Pasámolo xenial!



03 julio 2018

ABRIR RIANXO AO MUNDO. Conto: Mar

Unha nova creación. Fermosa!!

O BAILE DOS CABEZUDOS. ABRIR RIANXO AO MUNDO

ABRIR RIANXO AO MUNDO.PEITO DE LOBO

POR CATRO RECANTOS DE NADA

Creación da clase de Educación Infantil de 4 anos B. Xa o temos en soporte papel para que o poidades ler en galego.
Por Catro recantos de nada. De Jérôme Ruillier

Cadradiño quere xogar na casa dos seus amigos Redondiños, pero non pasa pola porta porque… A porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarchee os recantos!», dinlle o redondiños. «Oh, non! –di Cadradiño– Doeríame moito!» Que podemos facer? Cadradiño é diferente. Nunca será redondo.
Un libro sobre a amistade, a diferencia e a exclusión.
Tivemos xa a sorte de que o contaron no Xoves Conto, e agora algo máis están facendo. Haberá que esperar ao curso que vén.

30 octubre 2015

El monstruo de colores.



El monstruo de colores
Anna Llenas

El Monstruo de Colores non sabe o que lle pasa. Fíxose un lío coas emocións e  agora  tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida, que introducirá aos pequenos e a maiores no fascinante linguaxe das emocións.
Para ler o libro:

21 octubre 2015

Samaín en Exipto.

Estámonos achegando ao Samaín.

Conto elaborado polos nenos e nenas que o curso pasado ían en 1º B.
O mesmo conto pero en vídeo.

26 marzo 2015

ContaContos Iago

Hoxe estivo coas aulas de primeiro e segundo na biblioteca o contador Iago. Veunos contar contos do libro Augusta e os seus medos de Sabela Fernández Trelles.
Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas... Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Algunhas fotos do encontro.

18 febrero 2015

ContaContos pola Paz

Os nenos e nenas de terceiro B contáronos o conto de Ramón Caride  A Pomba Dona Paz.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro de esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

CONTACONTOS POLA PAZ

Este foi un contacontos da nosa semana adicada aos contos de Paz. Esta vez foron os nenos e nenas de 2º A con .
Moi ben rapaces e rapazas!

19 enero 2015

Rianxo en poemas.

Estes poemas elaboráronse o curso pasado traballando a poesía de Antonio García Teijeiro os nenos e nenas inventaron poesías e ilustracións sobre Rianxo . Agora poñémolos en forma de libro dixital e ademais tamén o atoparedes impreso na sección de documentación  no número 4 As Nosas Creacións.

14 enero 2015

Os Sete Vermiños.

Hoxe os nenos e nenas de terceiro desfrutaron coa historia Os Sete Vermiños. 
Unha historia que inventaron e ilustraron Mariana e Cristina. Esta historia viña metida dentro dunha televisión e pouco a pouco eses vermes fóronse convertendo en bolboretas. Viaxaron por distintos países, e....., non desvelamos o final.
Por si todo isto fose pouco agasalláronos con estas fermosas bolboretas cheas de gominolas.

Graciñas  por contarnos tan ben o conto , por vir ao cole, preparar ese fermoso conto e.....
Por colaborar coa biblioteca!

25 noviembre 2014

SAMAÍN EN EXIPTO

Conto elaborado polos nenos e nenas de 1º B polo Samaín. Xa está na biblioteca nas nosas creacións, para que o poidades levar en préstamo as vosas casa.

Conto Samaín En Exipto 1ºb

12 noviembre 2014

Xoves conto

Comezamos  co Xoves Conto. Daniela de 1º B contounos un conto creado na súa clase: Samaín en Exipto.Fálanos de mostros, normas, esfinxes, samaín e de Exipto que foi o país que lles tocou investigar.


30 octubre 2014

Unha visita esperada.

O martes a segunda hora da mañá virán as madriñas e padriños lectores do IES Felix Muriel para contarnos Contos do Mundo.
Estarán cos cursos de primeiro a cuarto.