26 marzo 2020

XOVES DE CONTO

Como non podedes vir á biblioteca buscar ningún conto para ler nin tampouco podemos facer os Xoves de conto, aquí vos deixamos un vídeo do libro "A vaca que puxo un ovo", de Andy Cutbill que tamén temos na nosa biblioteca. Esperamos que vos guste e vos axude a pasar un ratiño divertido neste tempo de confinamento.




25 marzo 2020

Queda na casa cos teus contos favoritos de OQO















 Tamén tedes en Youtube "Os contos do camiño", realizados por OQO filmes.

Trátase dunha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. 
Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO Editora.

Aquí vos deixamos un enlace para que vaiades directamente aos vídeos e elixades vós mesmos. 


https://www.youtube.com/results?sp=mAEB&search_query=os+contos+do+cami%C3%B1o+oqo+


Queda na casa con Kalandraka TV

Coñecedes estes contos, verdade?






Aquí vos deixamos un enlace para que poidades entrar en Kalandraka TV e ver os contos contados que están a disposición de todos.

CONTOS CONTADOS: http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33


                                        


22 marzo 2020

RECITAMOS A ROSALÍA

Xa que non estivemos no cole o Día da Poesía imos conmemorar este día cuns vídeo dos nenos e nenas de 1º A recitando poemas de Rosalía aos compañeiros de 1º B.




                                        

Que ben o fixeron, verdade?

09 marzo 2020

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER


Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades que realizamos no cole para conmemorar este día.

Os alumnos de infantil debuxaron ás súas nais e avoas e con estes bonitos debuxos elaboramos un mural no pavillón de infantil poñendo a profesión de cada unha en diferentes linguas ( galego, castelán e inglés).



Os alumnos e alumnas de primaria se fotografaron imitando a traballadora que aparece na fotografía " We can do it"  mundialmente coñecida como un símbolo da igualdade de xénero.




Os alumnos de 1º de Primaria fixeron tamén unha actividade en inglés. Nesta ocasión debuxaron as súas nais  e logo escribiron  a profesión de cada unha en inglés.



08 marzo 2020

SEMANA DA PRENSA

Como ben sabedes, esta semana traballamos a Semana da Prensa. Xa temos na biblioteca todo preparado para que poidades traballar na biblioteca. Podedes empregar estes periódicos en galego.




06 marzo 2020

VISITA DE ROSA ANEIROS


Esta semana recibimos  a visita da escritora Rosa Aneiros na biblioteca.  Estivo cos sextos e  veu falarlles do seu libro Xelís, o guieiro das botellas de mar co que gañou o Premio Merlín 2019.



05 marzo 2020

MULLERES CIENTÍFICAS

Este mes empezamos coas dramatizacións sobre mulleres científicas que propuxemos fai varias semanas. Faranse os mércores e xoves na biblioteca durante o recreo.
Hoxe comezamos con Maria Sibylla Merian, entomóloga que se centrou sobre todo no estudo das bolboretas.
A encargada de representala foi Julia Mosquera, de 2º B , que o fixo dunha maneira espectacular.



Para a semana seguiremos!

01 marzo 2020

LEMBRAMOS A ROSALÍA DE CASTRO


O venres 28 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Elaboramos as nosas tradicionais flores a Rosalía, recitamos poesías da escritora e ata montamos un photocall na entrada do pavillón principal.