Esta semana a rapazada de 5° e 6° baixou ata o Auditorio de Rianxo a ver unha mostra sobre Castelao que está levando a cabo a Fundación Abanca. Repartidos en pequenos grupos, puideron analizar algúns dos debuxos do autor.
20 marzo 2026
22 enero 2026
LIÑA DA VIDA DE CASTELAO
Aquí podedes ver unha liña de vida de Castelao que elaboramos coa información dos cartaces que cada aula creou o ano pasado.
Botádelle unha ollada!
29 mayo 2025
TRABALLOS SOBRE CASTELAO
Aquí tedes unha mostra dalgunhas actividades sobre Castelao que se realizaron durante este curso.
Empezamos coa clase de 5° A que leu o libro Daniel no peirao. Despois da lectura do libro os nenos e nenas realizaron diferentes actividades.
O alumnado de 1°, 2° e 4° de primaria elaboraron un mural de forma colaborativa basado nunha obra de Leandro Lamas na que homenaxeaba a Castelao.
17 mayo 2025
I CERTAME DEBUXANDO A CASTELAO
Estes son os debuxos gañadores do I Certame Debuxando a Castelao.
Moitas grazas a todos pola vosa participación!
22 marzo 2025
11 febrero 2025
31 enero 2025
XOGOS SOBRE CASTELAO
Despois de analizar os carteis que elaborastes, propoñémosvos varios xogos.
Empezaremos cunha Roda de Castelao.
Despois tedes dous cuestionarios, un cuestionario con 15 preguntas para 2º ciclo e outro con 30 preguntas para 3º ciclo.
Para poder facelos tedes que ir ata o corredor do pavillón principal onde están os cartaces. Facede grupos e levade unha tablet por grupo e deste xeito podedes ir contestando as preguntas mentras atopades a información necesaria. Animádesvos?
CUESTIONARIO 2º CICLO
ANO DE CASTELAO
Durante este ano realizaremos varias actividades sobre Castelao xa que o noso cole leva o seu nome.
Empezamos cunha exposición sobre a súa vida na entrada do pavillón principal e un photocall no pavillón de E. Infantil.
Continuamos cunha liña do tempo. Cada aula investigou e fixo un cartel. Aquí tedes unha pequena mostra dalgún deles.
28 enero 2021
COÑECENDO A CASTELAO
Estando no mes de Xaneiro debemos coñecer un pouquiño a Castelao
03 julio 2018
27 enero 2016
04 febrero 2015
Día da Ilustración.Castelao
Comezaron Santi, Adrián e Celtia pola R pola que fala de Rianxo.
Mañá teremos máis. Non volo perdades!
06 abril 2014
06 febrero 2014
Escribindo con Castelao.
29 enero 2014
Día da Ilustración
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Algunhas clases do cole tamén están facendo algún traballiño relacionado con Castelao como ilustrador. Xa vos manteremos informados.
27 enero 2014
Coñecendo a Castelao ilustrador
Dentro dos actos Castelao programados polo Concello de Rianxo o segundo e terceiro ciclo asisteu ao Auditorio para coñecer un pouquiño mellor a figura de Castelao.Un membro da Fundación que leva o seu nome, deunos unha charla sobre o súa figura facendo fincapé na ilustración.
Descubreu algunhas anécdotas simpáticas daqueles tempos.













