A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Algunhas clases do cole tamén están facendo algún traballiño relacionado con Castelao como ilustrador. Xa vos manteremos informados.
Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia
DEREITOS DE AUTOR
As diversas actividades que aparecen neste blog están destinadas a fins educativos. Se por calquera motivo: dereitos de autor, imaxe...consideras que algunha delas é inadecuada, fáinolo saber para retirala. Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario