Neste vídeo tedes algúns exemplos das actividades realizadas polo alumnado para conmemorar este día: murais, chapas, pósters...
Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas
09 marzo 2022
09 marzo 2020
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades que realizamos no cole para conmemorar este día.
Os alumnos de infantil debuxaron ás súas nais e avoas e con estes bonitos debuxos elaboramos un mural no pavillón de infantil poñendo a profesión de cada unha en diferentes linguas ( galego, castelán e inglés).

Os alumnos e alumnas de primaria se fotografaron imitando a traballadora que aparece na fotografía " We can do it" mundialmente coñecida como un símbolo da igualdade de xénero.
Os alumnos de 1º de Primaria fixeron tamén unha actividade en inglés. Nesta ocasión debuxaron as súas nais e logo escribiron a profesión de cada unha en inglés.
08 marzo 2018
17 marzo 2016
Unha muller traballadora na nosa biblioteca
O 16 de marzo visitounos unha muller traballadora: Vanesa, auxiliar de odontoloxía, que traballa con outras dúas compañeiras máis.
Os alumnos de 3º recibiron unha charla de saúde dental, destacando a importancia de lavar os sobre todo antes de ir durmir e de facelo en círculos.
O que máis lles gustou foi un xogo no que acabaron todos cos dentes e a lingua tinguida de azul.
Ademáis, déronlles "pegatas" e cepillos de dentes!
Moitísimas grazas Vanesa polo teu tempo e esforzo!!!
09 marzo 2016
Falando de mulleres traballadoras
Aquí tedes unhas plantillas que podedes usar para elaborar contos, facer descripcións, inventar biografías... sobre mulleres traballadoras.
O límite só é a vosa imaxinación!
O límite só é a vosa imaxinación!
Collage mulleres rianxeiras

Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, queremos montar un collage con fotografías de mulleres da nosa vila polo que, nesta ocasión, pedimos a vosa colaboración para que nos fagades chegar fotografías tamaño carné de mulleres da vosa familia (nais, avoas, tías, etc.).
Gracias por colaborar!
Recordade que en canto o teñamos publicarémolo no blogue.
Mulleres na Historia
Mulleres no Mundo, pinterest da USC
08 marzo 2016
Doodle para o 8 de marzo
04 marzo 2015
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora. Na biblioteca do Castelao unímonos á celebración dese día .
O día 8 de marzo de 1857 un grupo de obreiras dunha empresa téxtil de Nova York decidiron facer folga para protestar polas duras condicións nas que traballaban.
A partir desa data empezáronse a levar a cabo diferentes movementos de mulleres que reivindicaban o seu dereito a participar na sociedade en igualdade cos homes.
Nalgúns países de Europa empezouse a celebrar este día o 19 de marzo de 1911 para conmemorar que as mulleres de Prusia conseguiran o dereito ao voto o 19 de marzo do 1848.
No ano 1910 en Dinamarca, nunha conferencia de mulleres traballadoras, decidiuse declarar o 8 de marzo como Día da Muller Traballadora.
Xa no 1975, As Nacións Unidas declaran este día como Día Internacional da Muller.
Por que esa data?

Ofrecémosvos os seguintes recursos:
Exposición de libros na biblioteca.
Recursos doutras bibliotecas. Biblioteca CPI da Cañiza. Biblioteca Victor Sáenz Mazaricos.
10 marzo 2014
Un agasallo musical.
Hoxe as mestras recibimos este fermoso broche de agasallo para recordar o Día da muller Traballadora.
Día da Muller Traballadora
Elaboramos estas fichas con mulleres traballando en distintos oficios, para que inventedes a súa biografía ou as describades.
08 marzo 2014
Día da Muller Traballadora.
Unha vez máis escollemos un cadro de Leandro Lamas para recordar esta data. Cada clase ten este cartel para decorar con palabras: sobre o traballo ,a igualdade,...
8 de Marzo Día da Muller Traballadora.
Unha celebración universal que, sobre todo, é unha reivindicación social. As condicións da incorporación e presenza da muller ao ámbito laboral.Este ano recordamos a algunhas mulleres galegas relacionadas coa música: cantantes, gaiteiras, ...
Cartel para completar con imaxes de Mulleres Músicas Galegas
26 marzo 2013
8 de marzo. Día da muller traballadora
Con moito retraso algunhas das actividades feitas con motivo desta data.
Exposición de libros na biblioteca:
Entre outros estaban:
O país dos mandóns . (Texto adaptado para as aulas)
A nai do heroe,
Rosa Caramelo,
Artur e Clementina,
Los colores de Dulari…
que tocan a temática da igualdade de xénero.
Buscamos información sobre mulleres galegas: emprendedoras, pioneiras, deportistas destacadas,….. ou do seu entorno (nai, avoa,tía....)

Entregouse un modelo de ficha para cubrir coa foto da muller escollida, o seu nome, profesión e a actividade na que destacou.
Están expostas polos corredores.

·

Tarxeta para fotocopiar con información sobre este día. Só tes que dobrala coloreala e lista.
Os nenos/as do 1º ciclo repartiron, ese día por tódalas dependencias do centro, colgadores coma este recordando a data.

· Realización de varias pancartas e carteis
Visualización de películas.
Propuxéronse: Mulán e Brave para 1º 2º ciclo e E.I., e Billy Elliot para 3º
ciclo.
Para 2º e 3º ciclo
. A partir do conto “Los colores de
Dulari” elaborar un traballo sobre a situación da muller en diferentes países
coma :India, Afganistán, China, Exipto …. E facer unha comparativa coa muller
galega. Unha vez realizado poderase expoñer a outros grupos.
09 marzo 2012
8 de MARZO : DÍA DA MULLER TRABALLADORA
EU SON COMA TI
Nesta unidade didáctica tes actividades, videos e moitas propostas interesantes para realizar.
E se premes aquí poderás coñecer moitas cousas sobre as mulleres científicas ao longo da historia a través dun caderno de actividades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)