27 mayo 2021

XOVES CONTO

 Hoxe recordamos a Eric Carle, falecido recentemente, cun vídeo dun dos seus contos. Esta vez propoñémosvos a versión orixinal en inglés do libro From Head to Toe. Esperamos que vos guste.




OBRADOIRO DE ROBÓTICA # ESPAZO FEDELLEIRO

Este ano seguimos aprendendo un poquiño máis sobre robótica e  programación para poder levar a cabo actividades no Espazo Fedelleiro.

 Este mércores os alumnos e alumnas de 4º de primaria tiveron un obradoiro de robótica coa empresa Vermislab. Aprenderon moitísimas cousas sobre os mBots.

Ata saímos no seu Facebook!!!


 

Aquí tedes un pequeno vídeo con imaxes do moito que aprenderon









26 mayo 2021

Que é o amor?

.
No mes de febreiro propuxémoslle a algunhas familias do cole que reflexionasen sobre que era para elas o AMOR
Esta actividade englóbase dentro das actividades xurdidas arredor do proxecto da biblioteca deste curso, a ciencia e as emocións,  e das actividades que levamos a cabo como centro de Educación Responsable: educación emocional, social e da creatividade.

Estivemos elaborando uns vídeos para mostrarvos...


QUE É PARA AS VOSAS FAMILIAS O AMOR? 


Moitísimas grazas a todas as familias que participástedes!!!!

Familias do alumnado de 3 anos



Familias do alumnado de 4 anos



Familias do alumnado de 5 anos


Familias do alumnado de 2º B



Non vos olvidedes de deixar os vosos comentarios nesta entrada!

25 mayo 2021

EL GRAN SHOW

Este xoves 27 de maio ás 18:00 a Fundación Botín convida a toda a nosa comunidade educativa a conectarse a Youtube para ver unha mostra do traballo que se fixo ao longo deste curso escolar nos centros ER (centros de Educación Responsable). 

Neste show haberá un representante das diferentes comunidades autónomas e dos diferentes países que participan nesta iniciativa. 

E, sí, o noso cole tamén enviou fotos do traballo realizado para que  estea presente no vídeo elaborado pola Xunta dos centros ER Galicia.



ANIMÁDEVOS!!!!!  CONECTÁDEVOS AO GRAN SHOW.  PINCHA AQUÍ

24 mayo 2021

LETRAS GALEGAS: AS NOSAS ACTIVIDADES

 Colocamos estes cartaces sobre a vida e obra de Xela Arias Castaño. 



 O venres plantamos unha árbore nunha zona do patio que chamamos " A árbore das letras". Fixemos un acto moi sinxelo dirixido pola profe Aida, a coordinadora do EDLG, e un alumno representante de cada aula.


Fixemos moitas outras actividades:
Os alumnos de primeiro elaboraron unha entrevista imaxinaria a Xela.
Os alumnos de segundo fixeron un debuxo de Xela e escribiron algúns dos seus poemas.
En terceiro elaboraron poemas.
En cuarto, quinto e sexto fixeron diferentes actividades en liña, marcapáxinas, etc.
Neste vídeo tedes unha pequena mostra de todo o que fixemos.





17 mayo 2021

Enquisa sobre a biblioteca alumnado

 A túa opinión conta!

Si estás en 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria cubre esta enquisa. 

Temos en conta todas as respostas para mellorar.



Podes contestala ata o luns 24 de maio

Enquisa sobre a biblio para as familias

 Danos a túa opinión e axúdanos a mellorar!

Xa sabemos que este ano foi un pouco diferente pero esperemos que o vindeiro curso escolar poidamos voltar á normalidade.









Podedes cubrila ata o luns 24 

11 mayo 2021

Educación Responsable: REFLEJARTE

Este curso o noso colexio entrou a formar parte dos centros ER de Galicia. Esta iniciativa da Fundación Botín e a Xunta de Galicia trata de mellorar as relacións entre o alumnado e axudar aos rapaces a xestionar e expresar as súas emocións a través da Educación Responsable: educación emocional, social e da creatividade.  

Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades levadas a cabo polo alumnado de 2º A no apartado de Reflejarte.  

A actividade que propuxo este ano a Fundación Botín "Olfato artístico" está basada na exposición ARTE Y ARQUITECTURA: UN DIÁLOGO, que se puido ver na súa sede de Santander ou visitar virtualmente desde outubro de 2020 ata maio deste ano. 



Esperamos que vos guste!

Seguimos elaborando vídeos para compartir con todos vós o noso traballo. 

Podedes acceder á zona de familias picando no logo da fundación botín desta entrada ou aquí


PLÁSTICA E LITERATURA

 Os alumnos de 2º A fixeron esta divertida actividade en plástica na que misturaron personaxes famosos cos libros que máis lles gustan. Quedoulles xenial, verdade?




06 mayo 2021

OBRADOIRO DE POESÍA SOBRE XELA ARIAS

 Os alumnos de 3º tiveron esta semana un obradoiro de poesía a cargo de Andrea Barreira.

Coñeceron un pouco a poesía de Xela e logo compuxeron unha poesía moderna para alguén que eles apreciaban. 



05 mayo 2021

CLUB DE CIENCIA: XOGANDO E FEDELLANDO NO MES DE MAIO

Aquí tedes unha mostra das diferentes estacións que podedes atopar na biblioteca. Tedes uns paneis explicativos sobre cada actividade, pero podedes adaptala según vos conveña.

A idea é que formedes grupos de 4 alumnos e que vaian rotando os mesmos polas diferentes estacións.

Para os experimentos os alumnos sentaranse nas mesas verdes respectando a distancia de seguridade e será o mestre o que faga a explicación do experimento.

Esperamos que desfrutedes coa experiencia.













03 mayo 2021

LETRAS GALEGAS 2021 : XELA ARIAS CASTAÑO

 Como ben sabedes, este ano adícase o Día das Letras Galegas á poeta e  tradutora Xela Arias Castaño. 

Picade na imaxe de Xela Arias para acceder á nosa proposta de actividades para traballar este ano.




Tamén vos deixamos a canción que A Banda da Loba fixo sobre algúns dos poemas do libro Darío a Diario, libro que, como sabedes, Xela adicou ao seu fillo. É moi fermosa!




Neste enlace tedes todas as actividades propostas polo Seminario Galán para os diferentes niveis. Como xa sabedes hai actividades en papel e en liña.

XOGOS LETRAS GALEGAS


Botádelle unha ollada a estes dous vídeos sobre Xela Arias Castaño realizados por compañeiros doutras escolas de Galicia. 
Prestade moita atención porque despois teredes que facer unha serie de actividades que elaboramos os membros do equipo da biblio e o equipo de dinamización. Preparados?

Canto máis atentos esteades máis acertaredes!







                           INFANTIL                                  

Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com

      PRIMEIRO CICLO             


Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com


Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com


        SEGUNDO E TERCEIRO CICLO                   







Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com



Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com










BOOKTUBERS DE 2º DE PRIMARIA

 

Durante este mes de maio ampliamos a nosa proposta dos "Booktubers: Recomendacións lectoras" aos alumnos e alumnas de segundo.


Animádevos!

Empezamos a recibir as primeiras recomendacións.


IMPORTANTE!!! Se vedes o blog desde o móbil, lembrade cambiar a Ver versión web para poder ver os vídeos.

Empezamos con Lara, Noa e Eloi de 2º B


Agora Sabela e Iago de 2º B







Seguimos con Uxía e Elena de 2º A e Saray de 2º B



Seguimos con Mateo de 2º A



 Tamén se animaron Mara, Xiana e Mariña de 2° A



Rematamos coa recomendación de Borja de 2° A







Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!