Mostrando entradas con la etiqueta busqueda de información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta busqueda de información. Mostrar todas las entradas

22 febrero 2015

Día de Rosalía

Durante esta semana propoñemos aprender algo sobre a súa vida , coñecer e recitar algúns dos seus poemas.

Tamén elaborar nas clases unha flor a que lle colgaremos este poema de Rosalía. Estas son as tarxetas que elaboramos:
Busca de información sobre Rosalía de Castro:
Broche ou pegatina:



Máis recursos:
A canción O Moucho de Migallas do seu libro Pan de Millo.
O MOUCHO forma parte dun poema máis longo do seu libro CANTARES GALLEGOS .


Esta é a montaxe do poema O Moucho do IES A Guía, animación en stop-motion .Unha historia de medo en forma de poema.

08 febrero 2015

Entroido

Comezan as Entroidadas no cole: 
O LUNS NON METAS A PATA E TRAE POSTA UNHA GRAVATA.
Para a hora de biblioteca semanal está o mapa de Galiza con distintas  figuras do entroido e a información correspondente. 

02 diciembre 2014

Aprende a usar as imaxes!! e Investigando nos documentos impresos

Estes titoriais elaborados polo CEIP Friáns-Teis Biblioteca O Lar do Frianciño, ensínannos: como empregar as imaxes de internet e a investigar nos documentos imprensos.

04 noviembre 2014

OPERACIÓN MONARCA


Está montada nosa biblioteca unha exposición dunha gran viaxeira, a bolboreta Monarca.


Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.
A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.

Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.



Recursos para completar a exposición.
Vídeo sobre a metamorfose e a migración desta bolboreta.Pincha aquí.

Si queres coñecer a esta bolboreta. Pincha aquí.

Xogo :Colorea a túa bolboreta Monarca. Pincha aquí.
           Colorea a túa bolboreta 2. Pincha aquí.
Puzles Online: puzle 1, puzle 2 e puzle 3.
Xogo interactivo: O vó da bolboreta Monarca.





01 julio 2014

Aprender a buscar na rede con eficiencia.

Pequenos consellos e pautas que nos axudaran a facer buscas de información máis eficientes.
Aprender a buscar na rede con eficiencia from olga rodriguez diaz
Un bo artigo sobre como se leva a cabo a busca de información no CEIP Milladoiro de Malpica. Da biblioteca escolar á escola bibliotecaria.

16 junio 2013

Compartindo Auga Enfeitizada

A exposición Auga Enfeitizada elaborada pola clase de 2º A despois de estar na nosa Biblioteca logo viaxou á Biblioteca Municipal agora xa leva estas dúas últimas semanas no CEIP Cespón . O noso proxecto da Biblioteca xirou este curso en torno a auga, e esta clase realizou uns fermosos e orixinais carteis de seres mitolóxicos que viven nas augas e unha ficha de busqueda de información. O centro de Cespón tivo como Proxecto Anual :"Tempo de Lendas. Lendas no tempo". Estiveron realizando diversos traballos sobre seres mitolóxicos, polo que a nosa exposición sirveulle para afianzar as informacións que xa coñecian dalgúns seres e coñecer outros novos.

Si queredes ver visitade o blog da súa biblioteca.







29 abril 2013

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Aínda que xa sucedeu no mes de marzo, mostramos un mural que elaboraron as clases de 5 anos B e 3 anos C de educación infantil, con motivo da semana da prensa na escola.
Estiveron buscando noticias, recortando titulares, anuncios,... das distintas seccións dos xornais. Manexaron distintos xornais e compuxeron un fermoso mural.

27 marzo 2013

Traballos de investigación sobre Rianxo

Traballando as distintas competencias de coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, ... un mostra de algúns dos traballos feitos polos alumnos de sexto.

ENFERMIDADES DAS QUE ESTOU VACINADO

TRABALLANDO AS COMPETENCIAS.

26 marzo 2013