Mostrando entradas con la etiqueta tradición oral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradición oral. Mostrar todas las entradas

12 noviembre 2015

Outono. Magosto.

Nace unha nova páxina do cole con recursos sobre o outono: refráns, adiviñas, receitas, poesías,...
Pouco a pouco irémola completando, con creacións do cole e con outros recursos. O outono.

04 febrero 2015

Día da Candeloria










O 2 de febreiro celébrase o día da Candeloria. Hoxe en día é unha festa relixiosa na que se bendicen as candeas que se usarán na Semana Santa.

Pero esta celebración ven de moi antigo, dos tempos dos celtas. O primeiro día de febreiro celebraban o Imbolc en honor á deusa da nova lúa, a primavera e as correntes mariñas. Poñían unha candea nas ventás e nas habitacións. Era a preparación para a época fértil da terra e o nacemento dos animais.

En Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.
Que fermosas tarxetas elaboraron os nenos e nenas de primeiro! 

Refráns:
Cando a Candeloria chora medio inverno xa vai fóra. Se ri o inverno quere vir.

Pola Candeloria casanse os paxariños e vaise a galiñola.

A partir da Candeloria ningún ave voa soa.

05 enero 2015

Samaín

No tempo de Samaín contáronse contos, lendas entre as clases. Algunhas delas fixéronse na biblioteca.
Aquí está esta lenda!

03 diciembre 2013

Obradoiro de tarxetas.

Pola época do magosto algunhas aulas realizaron un obradoiro de elaboración de tarxetas, que contiñan ditos, cantigas, refráns e adiviñas.

01 diciembre 2013

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

Na semana do magosto os nenos e nenas de 4º C representaron este conto popular. 
Está un pouco escuro pero siguese ben a historia! 

11 noviembre 2013

O Señor Mago e a Folla.

Antón é un mago que decide poñer fin á súa soidade, convertendo nunha meniña unha das follas arrastradas polo vento do outono. Queredes saber ...máis?
Este é o conto para o recreo de hoxe . As voces son dos nenos e nenas de 2º B. 
O conto é de Tono Núñez e as ilustracións de Suso Cubeiro.


20 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

Non é a fonte da lenda.
LENDA

Conta a lenda, que nunha zona de Isorna que se chama Sestelo, hai unha fonte preto dun río. Chámase a Fonte das Meigas. Na noite de San Xoán, as meigas acércanse a esa fonte e reparten piollos á xente que lle queren mal.
Esta fonte sigue existindo hoxe en día con ese nome.

Lenda recollida por Maura 3º C. A ela contoulla a señora Juana (unha anciá da aldea).

15 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA


Alto me vexo
no meu lugarexo;
non hai home nado nin por nacer
que de alí me poida mover.
Quen son?
MENTIRAS

Na miña vida tal vin
nesa aldea de Abuín,
unha cadela con pitos,
unha galiña con cans.


14 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA

Unha saba branca
sen algodón
que cobre a terra toda
e o río non.
Que son?

PARA SABER QUEN PANDA
Lata, Lata,
á redonda,
o que lle toque
que se esconda.

TRABALINGUAS

A criada do cura
cando vai á misa
cos pés pisa pallas,
cos pés pallas pisa.


13 noviembre 2012

TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA

Alto pimpím,
ruín cabaleiro;
rómpelle a bolsa
e caélle o diñeiro.

REFRÁN

Se o mes de agosto vén
claro, bo magosto e bo nabo, 
se vén nubrado, pouca
castaña e nabo furado.

PARA SABER QUEN PANDA
Periquito moño
metido nun saco, 
sae para fóra,
cara de macaco

12 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA
Ten pelexo coma a xente 
e é moi boa para comer;
Chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.

Que é? Que é?

REFRÁNS

O día de San Martiño, asa as castañas e proba o teu viño.

Castañas, noces e viño fan as delicias do San Martiño.

08 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA
Á medianoite
erguése o francés
Sabe da hora
e non sabe do mes.
Ten esporas
 e non é cabaleiro,
ten un fouce
 e non é labrego; 
toca a alborada 
e non é corneteiro; 
pica na pedra
 e non é pedreiro;
 cava na terra 
 e non gaña diñeiro.
Quen é?

Si sabes a resposta escríbenos.


Refrán:

O mes de novembro comeza con tódolos Santos e remata por San Andrés.

07 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

Ao longo deste mes irán aparecendo:
Xogos, arrolos, adiviñas, fórmulas para botar a sortes e saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda,......
que se ían transmitindo de boca en boca, de pais a fillos, de fillos a netos....

Comezamos cunha adiviña:

Para que eu baile
póñenme a capa
porque sen capa
non podo bailar;
a para que eu baile
tíranme da capa
porque con capa
non podo bailar.
Que é?

Si sabes a resposta escríbenos.