Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas

17 junio 2016

XOGANDO A FACER TEATRO. XOVES CONTO.

Soñando Galicia con Manuel María foi o lema desta campaña que chega ao seu fin. 

Os nenos e nenas de 2º A representaron Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo de Manuel María.

 
Moi ben!! 
Sodes uns artistazos e artistazas!! 
Na terra de Castelao hai canteira para o teatro.


Teatro de guiñol.

Teño un teatro xeitoso.

Máis xeitoso non o hai! 

Teño un teatro pequeno

agasallo de meu pai. 


É un teatro sinxelo,

un teatriño moi bon

e tan práctico que cabe 

no máis pequeno rincón.


Teño bonecos de goma,

de cartón e de papel. 

Chámanse Barriga Verde,

Bululú e Tía Isabel…! 


E teño unha cachiporra 

que mete unhos estacazos

tan feroces e potentes 

que semellan canonazos! 


O meu teatro é un mundo.

Os personaxes que invento 

teñen vida, fantasía 

e doulles coñecemento…!



Eu represento comedias, 

dramiñas, dramas, dramóns c

os meus bonecos que rin, 

cos meus bonecos choróns…!

Manuel María.

26 abril 2016

"Soñando Galicia... con Manuel María"


Xa está chegando a todos os colexios de Infantil e Primaria de Galicia e outros lugares sinalados a nosa exposición
                        "Soñando Galicia... con Manuel María" 
gañadora do Concurso-Exposición sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016, Manuel María.

E, como vos prometemos, aquí a tedes a guía e os carteis. (Picade nos enlaces anteriores)



Se o preferides, podedes acceder ao Portal da Lingua Galega onde está colgado o traballo.(Picade na imaxe)



26 febrero 2016

Gañamos!!!!


Acabamos de recibir unha fantástica noticia. O noso cole acaba de gañar por terceira vez o concurso-exposición sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Manuel María.

Como o Proxecto Disciplinar Integrado da Biblioteca  deste curso xira entorno a Manuel María non podiamos deixar de participar. 

Os 10 carteis e a guía da nosa proposta Soñando Galicia... con Manuel María serán enviados a todos os centros de infantil e primaria de Galicia. 

Todavía non podemos facer público o traballo. En canto poidamos, no mes de maio, expoñerémolo na biblioteca e enlazarémolo aquí.

Pincha aquí para ver a resolución.