Moitas grazas a todas as familias que vos achegastes ata o cole a contarlles un conto aos compañeiros dos vosos fillos e fillas durante o mes do libro.
Mostrando entradas con la etiqueta mes do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mes do libro. Mostrar todas las entradas
30 mayo 2024
AS FAMILIAS CONTAN
19 abril 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Empezamos a recibir as recomendacións lectoras dos nosos booktubers de 5 e 6.
Comezamos con Ismael Ferreirós de 5 A
Tamén se animou Cynthia da mesma aula.
Esta semana animouse Daniela de 5 C
Moitas grazas!
Ah! E se vos apetece contarnos un conto tamén podedes ( a familia tamén pode participar). Xa sabemos que iso vos levará moito máis tempo e por iso recibiredes dobre agasallo. Animádevos!
16 abril 2021
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO
A nosa proposta para o alumnado de terceiro ciclo para conmemorar o Día do Libro é a seguinte:
10 abril 2018
María Canosa. Encontro cos nenos e nenas de terceiro.
O luns 9 María Canosa visitou a nosa biblioteca para falar con nós sobre a súa obra, especialmente sobre o seu libro A cazadora de estrelas.Libro que estiveron a ler os nenos e nenas de terceiro. Aquí tedes o tríptico que elaborou a biblioteca para preparar a súa visita.
02 abril 2018
Abril, mes dos libros
Comezou abril, o mes dos libros e chegou o día grande da literatura infantil e xuvenil, o 2 de abril, data escollida por coincidir co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Os libros fan grande o máis pequeno .
É o lema escollido deste ano. Aquí podedes ler o manifesto do Día Internacional do Libro Infantil publicado polo IBBY (International board on books for young people). Este ano Letonia foi o país encargado de realizar o manifesto e o cartel.
28 marzo 2017
ABRIL MES DOS LIBROS
Achégase abril,e con el unha das datas máis significativas.O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado.
01 mayo 2013
LIBERESPAZO
Todo un éxito!
| De Buzón |
Si alguén se esqueceu ou non pudo coller o seu pase, pode pasar a recollelo na biblioteca.
29 abril 2013
ABRIL MES DOS LIBROS E DA LECTURA
Os nenos e nenas do segundo ciclo terán unha sesión de contacontos, na biblioteca, despois do recreo.
LIBERNAUTAS
Hoxe os nenos e nenas de primeiro achegáronse no recreo para recoller o seu pase ao liberespazo .
Como funciona o pase ao Liberespazo:
As colaboradoras repartirán e cuñarán os pases.
Reserva de datas desta semana: luns para primeiro. Martes : segundo e terceiro. Xoves: cuarto. Venres: quintos e sextos. Si alguén non pode nesas datas pode recollelo noutro momento.
Unha vez lido o libro collido na biblioteca cada neno/a deberá cubrir o seu pase. Título, editorial, si lle gustou.... deberá presentarllo as colaboradoras do liberespazo para que elas lle cuñen o pase.
Só cuñarán o pase unha vez á semana.
Aqueles que consigan completar o pase ao liberespazo, terán unha pequena sorpresa.
Anímate e ven a biblioteca e recolle o teu pase!

25 abril 2013
MADRIÑAS LECTORAS
Hoxe recibimos a visita de rapazas que estudan no Instituto Felix Muriel de Rianxo. Convertéronse nas madriñas lectoras dos nenos e nenas de primeiro e segundo.
Moitas delas eran coñecidas pois foran antiguas alumnas.
A actividade consisteu en que as madriñas lles leron ou contaron un conto aos nenos e nenas.
A actividades foi unha colaboración entre os equipos de biblioteca do colexio e instituto.
Resultou moi ben! Esperamos repetila!

ABRIL MES DOS LIBROS E CONTOS
A colaboración foi fabulosa!!
Nota enviada ás familias.
Apareceron todo tipo de personaxes: bruxas, bolboretas, pingüíns, dragóns,......
Aquí tendes unha pequena mostra.
Convidámosvos a visitar a exposición o luns 29 de 16:00 a 18:00.
Sabías que se necesitan…?
10 litros de auga para facer un vaso de plástico de usar
e tirar.
18 litros de auga para un prato de usar e tirar.
120 litros de auga para unha botella de litro e medio.
Agora sacarémoslle partido a eses personaxes.
Agora sacarémoslle partido a eses personaxes.
24 abril 2013
ABRIL MES DO LIBRO
Onte en tódalas clases apareceu un agasallo.
Que mellor agasallo que un libro! e un poema.
Poema día do libro
Ademais reparteuse por todalas aulas información sobre o día do libro.
ABRIL MES DOS LIBROS
Dende comezos de abril na biblioteca hai unha selección de libros relacionados coa temática da auga para que poidades consultar e levar a casa.
| De Buzón |
ABRIL MES DO LIBRO
Día Mundial do Libro Só un libro.
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse. Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia! Non está nada mal. Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
Paula Carballeira
Texto escrito para as Bibliotecas Escolares de Galicia con motivo do Día Mundial do Libro 2013.
A ver se nestes días chega a nosa biblioteca!
02 abril 2012
2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Este día celébrase desde 1967 coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen co ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención sobre a importancia de fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos.
Todos os anos a International Board on Books for Young People, IBBY, encarga un texto e un cartel para conmemorar este día.
O texto deste ano, titulado Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro , elaborouno o poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano Francisco Hinojosa.
O cartel creouno o ilustrador, tamén mexicano, Juan Gedovius. A Juan Gedovius gústalle ilustrar libros para os máis peques porque:
"ellos tienen la misma afición a los dragones que yo, porque encuentran fascinante todo lo que solo puede verse a través de mágicos conjuros y porque defienden la existencia de todo cuanto se nos olvida cuando nos volvemos grandes" (fuente Andalia.com)

23 abril 2010
23 de abril, Día do Libro.
Neste día tan especial, o Día do Libro e dos Dereitos de Autor, apareceron no cole uns carteis coa resposta de persoeiros que moitos de nós coñecemos moi ben: Fina Casalderrey, Anxo Fariña, Concha Blanco, Anxo Moure... a moitos deles incluso os coñecemos en persoa!Foi toda unha sorpresa xa que os profes levaban uns días dándonos "a tabarra" con que lles responderamos á pregunta:
Para que les?
Esta iniciativa partiu do blog da ONG "Implicadas para o desenvolvemento" á que se sumaron máis de cen colexios e institutos de toda Galicia entre os que nos atopamos NÓS.
Os carteis foron diseñados por Jaime Eizaguirre Santillán, arquitecto e ilustrador, que quixo colaborar coas bibliotecas escolares de Galicia nesta fermosa iniciativa.
Podedes ver máis respostas de persoeiros coñecidos nesta presentación que fixo o CEP Milladoiro de Malpica.
¿A cantos coñecedes? ¿Cal foi a que máis vos sorprendeu?
Non vos olvidedes que TOD@S PODEDES PARTICIPAR CON NÓS NESTA INICIATIVA DEIXANDO AQUÍ AS VOSAS RESPOSTAS!
Basta con que fagades un comentario nesta entrada.
Moitas Grazas a tod@s os que colaboraron nesta iniciativa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)