O curso pasado os nenos e nenas recolleron un montón de adiviñas relacionadas coa auga. Con todo ese material elaboramos esta presentación.
Mostrando entradas con la etiqueta auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta auga. Mostrar todas las entradas
16 mayo 2014
16 junio 2013
Compartindo Auga Enfeitizada
Si queredes ver visitade o blog da súa biblioteca.
05 mayo 2013
Os alumnos de 2º visitan o Cambón en Vigo
O pasado venres día 3 de maio os alumnos de 2º visitaron o centro de interpretación das Illas Atlánticas de Galicia no edificio CAMBÓN de Vigo complementando así as investigacións que están realizando sobre as zonas de humedais, en concreto, das marismas.
Esta actividade, organizada dentro do proxecto ECOMAR e financiada por unha das institucións que colaboran, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, fixo posible que os alumnos de segundo coñeceran mellor a flora, fauna, paisaxe, xentes... dos arquipélagos das Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. De feito, ESTÁN DESEXANDO IR A VISITALAS! e os que xa foron QUEREN VOLVER!
Grazas aos fantásticos monitores do Parque e do proxecto Ecomar por ensinarlle aos alumnos do cole tantas cousas de xeito tan lúdico e ameno!
25 abril 2013
AUGA ENFEITIZADA. ABRIL MES DOS LIBROS
A exposición "Auga enfeitizada" foi elaborada polos alumnos/as de 2º A. Está composta por información sobre seres fantásticos da auga que eles foron buscando en distintos libros e ilustrada con axuda das súas familias.
Ás clases proporcionouselles unha ficha para que buscasen información sobre os seres fantásticos nos paneis da biblioteca.
Agradecementos á Biblioteca Municipal Castelao por emprestarnos moitos dos libros empregados para a busqueda de información.
Noraboa a 2º A polo seu gran traballo e por compartilo con todos!
Ás clases proporcionouselles unha ficha para que buscasen información sobre os seres fantásticos nos paneis da biblioteca.
Agradecementos á Biblioteca Municipal Castelao por emprestarnos moitos dos libros empregados para a busqueda de información.
Noraboa a 2º A polo seu gran traballo e por compartilo con todos!
24 abril 2013
ABRIL MES DOS LIBROS
Dende comezos de abril na biblioteca hai unha selección de libros relacionados coa temática da auga para que poidades consultar e levar a casa.
| De Buzón |
09 abril 2013
Palabras Que Vas Ler Non As Deixes Correr.

Acabamos de descubrir unha boísima recopilación de recursos e actividades sobre a auga, elaborada polo CEIP Mestres Gondar O Recanto de Mik. http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

RECURSOS AUGA
Téndelos a vosa disposición na barra lateral.
XOGA E APRENDE CON PINGUIÑA SOBRE OS RÍOS de Julia González
ACTIVIDADES PARA O SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA.
08 abril 2013
A AUGA NO PLANETA, E AS SÚAS UTILIDADES
Actividades interactivas sobre a auga, dirixidas ao 1º ciclo de Primaria e elaboradas por Antonio Aires G.
07 abril 2013
CHOIVA DE PALABRAS, REFRÁNS, DITOS,...do profesor Anxo González Guerra
Numeroso vocabulario, refráns, ditos, relacionados coa choiva que podedes empregar nos vosos escritos.
27 marzo 2013
24 marzo 2013
19 marzo 2013
A IMPORTANCIA DA AUGA
Xa estamos cerca do Día Mundial da Auga, o 22 de marzo e para coñecer máis sobre a súa importancia aquí tes información:
15 marzo 2013
10 marzo 2013
COIDANDO O NOSO MAR
Esta semana, do 11 ao 15 de marzo, dentro da campaña anual "Palabra que
vas ler.. non as deixes correr" na que estamos traballamos o tema da auga xa que
este ano, o 2013, foi declarado "Ano Internacional na Cooperación da
Esfera da Auga" teremos colocada na biblioteca a exposición do CEIDA Recordámosvos que a biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa todos os días de 16.00 a 18.00 horas así que aproveitade un ratiño que teñades e, se vos apetece, vinde VISITAR A EXPOSICIÓN.
.jpg)
Picade no nome ou na imaxe da exposición para máis información.
16 febrero 2013
04 enero 2013
2013 Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga
![]() |
| De Buzón |
Como sabedes a nosa campaña de lectura xira en torno A Auga. "Palabras que vas ler, non as deixes correr".
18 diciembre 2012
CONTOS EN FAMILIA
29 noviembre 2012
Seres mitolóxicos
Algunhas aulas están investigando sobre seres mitolóxicos ou máxicos relacionados coa auga, este fermoso vídeo da biblioteca de Cespón vainos ser de gran axuda
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







