Aquí podedes ver as actividades que realizaremos durante esta semana.
Estade atentos porque teremos curtas de medo nos recreos!
Aquí podedes ver as actividades que realizaremos durante esta semana.
Estade atentos porque teremos curtas de medo nos recreos!
Durante esta semana desfrutamos duns contacontos realizados pola rapazada de 5° e 6° e tamén duns obradoiros organizados polos compañeiros de Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o fixeron.
Este ano volvemos celebrar o Samaín no colexio e recuperamos a tradición das cabazas decoradas.
Houbo cabazas de todo tipo: unicornios, bruxas, fadas...ata tivemos cabazas peregrinas.
Picade na imaxe para poder ver as cabazas que trouxo o alumnado e tamén os seus disfraces.
Como ben sabedes, o venres celebramos o Samaín no colexio. Para celebralo, os rapaces de 5º crearon contos de terror. Cada neno creou o seu monstro e inventou un conto de medo para ler o día de Samaín.
Fixérono nas súas aulas xa que como sabedes aínda non podemos xuntar grupos.
Como vedes, leron na penumbra. Algúns contos daban moito meeedoooo!