21 agosto 2015


A serie de Gatiño, con textos de Joel Franz Rosell e ilustracións de Constanza v. Kitzing.
E canto á Gatiño e as vacacións, cóntasenos que o último día, antes das vacacións, na clase de Gatiño, todos os animais contan a onde irán no verán; hai para todos os gustos: Parrula vaise con súa nai ao mar, Coella vai cos irmáns á casa do avós, Esquío parará a metade do tempo co pai e a metade coa nai e cámping, Ourizo vaise só a aprender idiomas a Inglaterra... pero Gatiño non sabe qué vai facer. Cando chega á casa pregunta e a resposta non pode ser mellor: non irán a ningunha parte “pasarémolo moi ben: papá, túa irmá, teu irmán, ti e máis eu... Serán unhas vacacións fantásticas!, porque imos estar todos... xuntos” di a nai.
Unha ensinanza, o valor de compartir o tempo, facendo o que sexa, sen necesidade de ir nin lonxe nin a un lugar distinto, estar xuntos.
Outra ensinanza, a presentación de todo tipo de familias e situacións e ningunha mellor que outra, simplemente distintas. O traballo coa memoria a través das repeticións...

03 agosto 2015

Feira do libro 2015 Rianxo



Un ano máis as bibliotecas de Rianxo participamos na Feira do libro mostrando o noso traballo nunha das casetas e un ano máis elaboramos un vídeo conxunto no que facemos visible o que está a pasar nas biblios de Rianxo ao longo do ano.
O vídeo ten unha banda sonora de luxo,os Carapaus,un grupo con vínculos rianxeiros.
Destacamos tamén a colaboración de Fotos de Rianxo que nos cedeu, coma sempre que llo pedimos, material para a montaxe.

Feira do libro

Actuación do dúo musical Barahunta.
Pregón de Helena Villar Janeiro.
Caseta das Bibliotecas. Lendo en Rianxo.