Aquí tedes a presentación realizada a partir da información recollida do mural das escritoras do mundo.
E agora un rosco de preguntas sobre dita presentación.
Aquí tedes a presentación realizada a partir da información recollida do mural das escritoras do mundo.
E agora un rosco de preguntas sobre dita presentación.
Esta semana a rapazada de 5° e 6° baixou ata o Auditorio de Rianxo a ver unha mostra sobre Castelao que está levando a cabo a Fundación Abanca. Repartidos en pequenos grupos, puideron analizar algúns dos debuxos do autor.
Esta semana a aula de 3° B recibiu a visita de varias nais de alumnos.
Um día visitounos Raquel Romero, nai de Sofía Vila.
Explicoulles en que consistía o seu traballo como letrada na administración de xustiza da Xunta de Galicia.
Hoxe a rapazada de 4° realizou un obradoiro sobre Acuicultura.
Esta actividade foi posible grazas ao ofrecemento de Marta Conde, investigadora da Universidade de Vigo e nai de tres alumnos do centro.
Este ano para conmemorar o 8M fixemos un mural colaborativo titulado" Escritoras polo mundo. Cada aula elixiu unha escritora dun país e fixo unha pequena descrición da súa obra.
Durante o recreo tivemos xogos e diferentes actividades relacionadas con este día.
Tamén se fixeron diferentes actividades nas aulas. Aquí tedes unha pequena mostra.