Mostrando entradas con la etiqueta #EUQUEDONACASA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #EUQUEDONACASA. Mostrar todas las entradas

11 junio 2020

Actividade de convivencia



Coma tódolos anos, os alumnos de 2º de primaria realizaron unha actividade de convivencia co CRA de Rianxo para darlles a benvida aos nenos e nenas do CRA que serán os seus compañeiros o próximo curso.
Como este ano os nenos do CRA non puideron visitarnos, os alumnos do noso cole fixeron unha versión moi particular da poesía "Cantarola dos nenos", de Xosé Neira Vilas.

Ademáis, os nenos do CRA tamén elaboraron un vídeo para presentarse aos seus novos compañeiros.

Esta é a actividade dos nenos do cole.





Aquí tedes o vídeo dos nenos do CRA



Xoves-conto


Esta vez  ensinámosvos o conto Mago Rosa, da editorial OQO. 
Esperamos que vos guste.




09 junio 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LER NO VERÁN SEMPRE É BO PLAN!


Ola familias!
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán.
Recordade que todos estes libros os podedes atopar na Biblioteca Municipal que xa está aberta e agardando a vosa visita.


                                       
                                                                                                                     Picade na imaxe para velas con máis detalle!


O meu libro favorito, lecturas para o verán.


Algúns dos vosos compañeiros de cuarto, agora que se achega o verán e ides ter moito máis tempo libre, quérenvos recomendar os seus libros favoritos:














Pica encima da imaxe para poder ler as recomendacións.


Cal é o teu? Recomenda ti nos comentarios o teu libro favorito e dinos o por que pero non nos desveles o final!!!!


08 junio 2020

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


O tema deste ano é "Innovación para un océano sostible". 
Neste vídeo amosámosvos a importancia dos océanos.


Nestes outros podedes ver o importante que é eliminar o plástico e empregar outro tipo de materiais.




Picade na imaxe. Seguro que vos sorprendedes...  Mirade que cousas se están fabricando co plástico que chega aos océanos e que empresas recollen para REUTILIZALO.



Seguide investigando seguro que hai moitas outras cousas que se fan con plástico reciclado e se non só é cuestión de botarlle imaxinación, convertirvos en inventores e inventalas vós!

Pero recordade que cando falamos das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) a primeira é REDUCIR.
Normalmente é a máis esquecida, centrámonos en reciclar e reutilizar pero o máis importante é non usar ou mercar algo que non sexa necesario.
Sustitúe en todo o que poidas o plástico. Canto menos plástico uses menos posibilidades de que acabe no océano e máis reduciremos a contaminación!



06 junio 2020

Protocolo contra o Cambio Climático


O alumnado de 4ª de Primaria do CEIP Nicolás del Rio está moi concienciado sobre a importancia do medio ambiente e decidiu actuar en consecuencia. Ao longo deste curso elaboraron un protocolo de actuación para mellorar en todo o posible o coidado do medio ambiente no seu colexio.

Fixeron un vídeo onde recollen todas as súas propostas que publicaron onte polo Día do Medio Ambiente. 

Invitámosvos a velo e a seguir o seu magnífico exemplo.  




E pregúntanvos: 
                                   "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"


04 junio 2020

XOVES CONTO: QUE LLE PASA AO PLANETA?

Como mañá é o día Internacional do Medio Ambiente, hoxe traemos un conto sobre o coidado do mesmo. Titúlase ¿Qué le pasa al planeta?, de Eva Clemente.
Esperamos que vos guste.



30 mayo 2020

Solución 3º reto para o mes de maio


María, mandounos un vídeo coa solución do 3º reto para o mes de maio que nos propuxo
Si queredes saber cal é ou recordalo podedes ver o vídeo. 
Aínda estades a tempo de investigalo!




E a solución é.....

SPOILER!!!!  NON MIREDES ESTE VÍDEO SI NON QUEREDES SABER A SOLUCIÓN!!!





Tamén podedes ver o vídeo que nos enviou Julia de 5 anos coa súa investigación







21 mayo 2020

Museo Virtual do colexio Castelao


Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, o pasado luns 18 de maio, propuxémosvos que nos enviasedes unha imaxe do que ao voso entender debería gardarse no noso museo para que NUNCA se perdese ou olvidase. 

                                                                                       Estas son as vosas propostas





Seguimos agardando a túa, anímate e participa.
Calquera pode facelo só envíanos a imaxe a bibliocastelao@gmail.com ou inclúea no album de google fotos que creamos. 


XOVES CONTO


A profe Lourdes inventou un fermoso conto polo día da nai co que quere agasallar a todas as mamás. 


Tamén o podedes ver no seu blogue "pequenas cousas nosas". 
(Xa o temos enlazado no noso apartado de blogs amigos)



Atrevédesvos a inventar un conto con esta técnica?
Estamos desexando recibir vídeos dos vosos conta contos para publicalos os xoves, no "Xoves conto"

20 mayo 2020

Vídeo "Feliz día das Letras"



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole pediuvos que ilustrarades, debuxarades, pintarades ou escribisedes unha palabra, un poema, unha reflexión, un pensamento, un desexo... o que máis vos gustase e que o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, os colgásedes en ventás, árbores, portas das casas para facer visible a nosa lingua...   aquí tedes o resultado.



Moitas grazas a todos os que participástedes!

Os nosos traballiños



Fai uns días na entrada "A Nosa Proposta para as Letras" deixámosvos unhas plantillas para que ou ben nos contásedes algunha anécdota que vos ocurriu a vós ou a algunha persoa da vosa familia cun animal ou inventasedes outro final para o libro As Pitas Baixo a Choiva de Ricardo Carvalho Calero.

Aquí tedes os traballiños que nos chegaron ata o momento

As vosas anécdotas con animais














Os finais alternativos para As Pitas Baixo a Choiva





Seguide enviándonolos, en canto poidamos subirémolos!


18 mayo 2020

Retos para o mes de maio: cuarto reto



Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos. Este ano celébrase baixo o lema "Museos pola igualdade: diversidade e inclusión."

En España temos moitos museos de todo tipo.
Moitos deles ofrecen visitas virtuais xa que non os podemos visitar en persoa como o Museo del Prado,  o  Museo Reina Sofía, o  Museo Nacional de Historia Natural, o Museo del traje...

E xa que este ano traballamos a Ciencia. Fostedes algunha vez aos Museos Científicos da Coruña? Seguro que si! 



Cal é o que máis vos gusta? Por que?

Para conmemorar este día o reto desta semana será crear o noso propio museo o 

                      "Museo Virtual do Colexio Castelao"

Si se acabase o mundo e tiveses que salvar algo que sería? 
Pode ser desde un invento, un edificio, un libro, un lugar,  un cadro...  

Envíanos unha foto do que salvarías a bibliocastelao@gmail.com  Tamén podes explicarnos brevemente o por que da túa elección e publicarémolo.


Solución ao terceiro reto proposto por Arenaria


Julia, de 5 anos, enviounos este vídeo explicándonos a solución ao reto que nos propuxo María de Arenaria coordinación. 





Fixéstelo xenial!!!! Moitas Grazas por participar!!!!


Solucións aos retos en lingua de signos


Si picades na imaxe tedes a solución aos animais que signan os profesores do CEIP Quiroga. Moitas grazas!

















Aquí tedes as imaxes das ilustracións ou portadas que inspiraron os nosos vídeos. 

Recordade que Xiana e Helena elexiron ilustracións do libro Abezoo.







































































Os libros ou imaxes nos que se inspiraron Ana, a nosa intérprete de lingua de signos, e os seus peques:






































































































































































































Mirade que fermoso debuxo fixo Sara.


Serías unha magnífica ilustradora!


















O profe Dani









A profe Mª José e a súa filla























































E a profe Tere envioume outros vídeos onde xa nos mostra o libro no que se inspirou





 


Esperamos que vos gustara a actividade!

16 mayo 2020

As pitas baixo a choiva: As nosas creacións


En primeiro lugar, os nenos  e nenas da clase de 3 anos B coa axuda da súa profe narraron o coñecido conto de Ricardo Carvalho Calero.


Quedoulles xenial, verdade?

Logo, a profe Isa e os seus fillos, Sabela e Miguel, fixeron unha adaptación deste fermoso conto elaborando tamén eles as ilustracións. Mirade o video e xa o veredes.






A nós encántanos, e a vós?

15 mayo 2020

E moitos máis retos en lingua de signos


Ana, a nosa intérprete de lingua de signos, e os seus peques propóñenvos:
























O profe Dani




A profe Mª José e a súa filla







E a profe Tere





Agardamos os vosos!


O luns poderedes ver que animal estamos signando.

14 mayo 2020

XOVES CONTO


Parece que vos estades animando a facernos chegar os vosos conta contos.

Esta semana Sabela de 4º quixo contarvos: 


                La Vaca que Puso un Huevo



                  Moitas grazas Sabela!

          Eres unha estupenda Conta Contos!

13 mayo 2020

Máis retos en Lingua de signos


Xiana e Helena xa se sumaron ao reto de adiviñar animais en lingua de signos. 

Seguro que adiviñaron á primeira os que nos propoñen os profes do CEIP Quiroga xa que utilizan a lingua de signos para comunicarse todos os días.

Propóñenvos máis animais para que adiviñedes. 

Elexironos dun libro que a min tamén me gusta moito,  Abezoo.
É un álbum ilustrado moi orixinal, nel aparece unha poesía sobre un animal para cada letra do abecedario.

Listos?

Aquí tedes os seus vídeos. A adiviñar!














Tedes ata o luns 18, ese día publicaremos as respostas.

Non te olvides de mandarnos os teus!

12 mayo 2020

Máis traballiños sobre o segundo reto: as fases la Lúa


Aquí tedes o estupendo traballo feito por

Lara Sánchez Varela de 1º B













 por Borja Ordóñez de 1º A e seu irmán Abel Ordóñez de 4º B.












 Picade na imaxe para ver todas as fotos









 por Lorena Vidal Villanustre de 1º B




















por Iago Vidal Martínez tamén de 1º B


























que como estaba algo esfameado decidiu comerse as fases da Lúa. Mirade que boa pinta!




























Moitas grazas a todos por participar!