30 diciembre 2009

BO NADAL E FELIZ 2010

.
Desde a
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recibimos esta fermosa postal que queremos compartir con tod@s.




Desde a Biblioteca desexámosvos que o ano 2010: Ano Santo, Ano Internacional do libro e a lectura, ano de Uxío Novoneyra... nos traia saúde, felicidade e moitas e moi boas lecturas a tod@s.

13 diciembre 2009

"Monster Madness"


Este luns 14 de decembro os alumnos/as de primaria acudirán ó Auditorio Municipal a ver a obra de teatro en inglés "Monster Madness" adaptada da novela epistolar (contase a través de cartas) Frankenstein da autora Mary Shelley.

O ano pasado, Face to Face xa nos fixo disfrutar coa obra "Tarzan, the lord of the Apes". Cal vos gustou máis? Que foi o que máis vos gustou de Frankenstein? Douvos medo nalgún momento? Queredes ver outra obra o próximo curso?

Non vos olvidedes de deixar os vosos comentarios!

Atrevédesvos a facelos en inglés?

11 diciembre 2009

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS E UNHA ACCIÓN VALE MÁIS QUE MIL IMAXES. TODOS XUNTOS/AS PODEMOS CAMBIAR MOITAS COUSAS. ATREVÉSTE?
.