25 octubre 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este ano renovamos as mochilas viaxeiras por dentro e por fóra.

En primeiro lugar, mirade que bonitiñas son estas novas mochilas do Xacobeo (graciñas profe Lourdes).
E agora,  mirade o material que propoñemos este ano. Sí, sí, vedes ben, catro cousiñas: un conto, unha revista de National Geographic Kids, un libro de Ciencia e un xogo de mesa.
Levan tamén unha pequena tarxeta para que fagades nela o que se vos ocorra: un debuxiño, unha pequeniña explicación de algo que vos gustara da mochila, un collage ou incluso unha fotografía vosa coa mochila.
Con todas as tarxetas faremos unha exposición no colexio e tamén intentaremos subir ao blog as fotos para que as familias tamén poidades velas.



Esperamos que vos guste esta nova proposta das mochilas e desfrutedes en familia.

24 octubre 2021

MALETA VIAXEIRA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Durante este mes, tivemos na biblioteca unha Maleta Viaxeira sobre o Camiño de Santiago ofertada pola asesoría de Bibliotecas Escolares. As aulas puideron vir ata a biblioteca para ler o contido de dita maleta. Hai dende guías do camiño, ata lendas e contos basados no Camiño.




18 octubre 2021

PASAPALABRA SOBRE OS VOLCÁNS

Aquí tedes un pasapalabra en galego elaborado por algunhas mestras que forman parte do equipo de biblioteca para que poidades aprender un pouco máis sobre os volcáns.


CONCERTO DE JAZZ

 Este venres os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º desfrutaron dun concerto de Jazz levado a cabo pola cantante Silvia Ferre.

Todos aprenderon moitísimo e pasárono aínda mellor!

Aquí tedes unhas imaxes para que poidades ver canto lles gustou!







Moitas grazas Silvia! 

03 octubre 2021

Comezamos o camiño...


O próximo sábado 9 de outubro de 9:00 a 14:00 a Cidade da Cultura de Galicia acollerá o “VI Scratch Day”, que achegará aos escolares galegos á linguaxe de programación a través de Scape Rooms e do Camiño de Santiago.

Esta xornada de iniciación orientada a estudantes de 6 a 16 anos, pais e nais e profesorado.


Estará estruturada en tres Scapes Rooms distintos, cada un deles relacionado con distintos tramos e atractivos do Camiño de Santiago, que será o tema central do PDI deste curso escolar no noso colexio.

 Os participantes terán como obxectivo ir resolvendo os retos propostos e empregando as pistas proporcionadas para completar as etapas.

Para participar no evento é preciso rexistrase. Pica no cartaz.