Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas

04 junio 2025

Semana do Medio Ambiente. Obradoiros de Arterreciclado. BMaker

 Esta semana, os grupos de terceiro de primaria, desfrutaron de varias actividades sobre o Medio Ambiente. 

O martes fixeron unha recollida de lixo na praia da Torre. 

O mércores fixeron uns obradoiros de Arterreciclada con algúns dos materiais recollidos na praia. Grazas á Asociación Amicos.


O xoves os grupos  de 3° e 4° tiveron unhas charlas con Augas de Galicia.


Os de 2° foron tamén fixeron unha recollida de lixo e xogaron a uns  xogos sobre os ODS.



12 febrero 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO

 Hoxe a rapazada de 4° de E.P. desfrutou dun interesante obradoiro de elaboración de máscaras de Entroido levado a cabo por  Pedras Artesanía.

Aquí tedes unha mostra dos resultados. Un grupo elaborou unha máscara dun Boteiro e o outro unha Bonita de Sande.




16 marzo 2024

15 marzo 2024

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE TÍTERES

 Esta semana os rapaces e rapazas de 4° de E.P.  desfrutaron dun obradoiro de monicreques.

Mirade que ben o fixeron!




06 febrero 2024

DIA DE INTERNET SEGURA

 Hoxe a rapazada de 5° participou nunha actividade en liña para conmemorar o Día de Internet Segura.





20 junio 2023

5 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS

 Os rapaces e rapazas de Educación Primaria elaboraron unhas fermosas tarxetas cun circuito eléctrico para conmemorar o Día dos Océanos.

Mirade que bonitiñas lles quedaron!




02 junio 2023

OBRADOIRO CON PABLO OTERO

 Este xoves, a rapazada de 4º tivo un obradoiro de creatividade levado a cabo polo gran Pablo Otero. 

Aquí tedes unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizaron.






05 marzo 2023

OBRADOIROS DE ROBÓTICA

 Durante esta semana o alumnado de 6º de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou nuns obradoiros de Robótica impartidos por Arenaria. Durante estas sesións traballaron nuns paneis sobres os ODS e contidos de sostibilidade con escornabots. Tamén con paneis sobre a fauna mariña e o corpo humano. Ademáis, fixeron construccións con Lego Wedo e puxéronas en marcha.

Aquí tedes un pequeno vídeo para que vexades o ben que o pasaron e o moitísimo que aprenderon.















20 enero 2023

PROGRAMANDO O UNIVERSO

 

Este mércores o alumnado de 5º de Educación Primaria tamén tivo unha actividade STEAM denominada "Programando o Universo".

Nesta ocasión traballaron programación e plastilina conductora. Tamén empregaron unha placa micro:bit.




28 mayo 2022

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIROS DE CESTERÍA

 Esta semana os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de aprender moitísimo nuns obradoiros de cestería que viñeron impartir algúns membros da Asociación Ambar.

Aquí tedes unha imaxes do desenvolvemento da actividade.



Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

30 enero 2020

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIROS DE E-TÉXTILES


Este venres 24 de xanairo leváronse a cabo na nosa biblioteca uns obradoiros de experimentación sobre E- téxtiles a cargo de Paola Guimaráns, especialista en educación na área de e- téxtiles e impulsora da iniciativa educativa aula STEAM.
O alumnado de 4 de primaria tivo a sorte de experimentar con circuitos e papel, circuitos e téxtiles, e un obradoiro de Makey Makey en Scratch. Unha nova e divertida forma de aprender e combinar arte, ciencia e tecnoloxía.






27 junio 2019

XOGOS DE CINE E ALUCINE


Xa chegou o final de curso e con el o remate do noso PDI que este ano, como ben sabedes, foi sobre o cine: "Lectura e cine, un plan de alucine!"
Durante todo o curso todas as aulas fixeron un montón de actividades relacionadas con esta temática: traballos de investigación, manualidades, lecturas, visionado de películas... 
O producto final do PDI era a creación de xogos sobre cine nos que se traballase de forma máis atractiva diferentes aspectos do currículo co fin de un banco de recursos a disposición de todo o alumnado con materiais de creación propia. 
Con eles ides a aprender moitas cousas pero o mellor de todo é que o pasaredes moi ben!
Poderedes utilizalos no noso Recuncho Maker. 
Aquí tedes unha presentación de todos os xogos que se elaboraron.



13 junio 2019

A PROMESA DO CABEZOLO


Aquí podedes ver un vídeo realizado coa técnica de Stop Motion elaborado polos alumnos e alumnas de 1º B. Trátase do libro A promesa do cabezolo.




Esperamos que vos guste tanto coma a nós!






04 junio 2019

VIDEO-POEMAS


Aquí podedes ver uns vídeos que realizaron os nenos e nenas de primeiro de Educación Primaria coas súas titoras.

O primeiro é un vídeo sobre Cantarola dos nenos de Xosé Neira Vilas, que foi realizado polos alumnos e alumnas de 1º A.









O segundo vídeo trátase do poema "Non lle digas nada á lúa", de Antonio García Teijeiro, realizado polos alumnos e alumnas de 1º B.

                               



Que ben o fixeron!