28 febrero 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Aquí ensinámosvos as diferentes actividades realizadas polas aulas para conmemorar o día de Rosalía.

Os rapaces e rapazas de 6º elaboraron estas fermosas chapas.

                                                          

  

Os de 3º fixeron estes fermosos cartaces.


Os de 5º elaboraron esta fermosísima flor.


Os de 1º déronlle un aire rockeiro a Rosalía e tamén fixeron un bonitiño broche.



A rapazada de 2º elaborou este fermoso e práctico pousavasos.


O alumnado de 4º fixo este grandísimo póster da autora.




A rapazada de 6º traballou a importancia de Rosalía como muller e escritora.




Os nenos e nenas de infantil traballaron varios poemas da autora.




25 febrero 2022

CURIOSIDADES DO CAMIÑO

 Aquí tedes unha presentación con diferentes curiosidades sobre o Camiño de Santiago sobre as que estiveron investigando os rapaces e rapazas de 5 anos de Educación Infantil e logo compartiron co resto do cole.



12 febrero 2022

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Aquí tedes unha pequena mostra dalgúns proxectos que realizaron as aulas para conmemorar este día.

Os alumnos e alumnas de 3º investigaron sobre varias científicas e elaboraron este mural.



03 febrero 2022

TRABALLOS DE LINGUA: TANXUGUEIRAS

Aquí deixámosvos unha proposta feita por membros dos Equipos de Biblioteca e Dinamización sobre as Tanxugueiras.


01 febrero 2022

As peregrinas toman o Camiño

     A nosa proposta naceu para conmemorar o 25- N Día Contra a Violencia de Xénero.

    A idea naceu ao ver unha exposición do escultor Álvaro de la Vega."As peregrinas toman a cidade".

“(...) queremos que todas as mulleres sexamos as protagonistas porque cada día percorremos o noso camiño, con etapas máis difíciles e outras máis doadas, na procura dun destino, cargadas co peso de todo o vivido... Para exemplificar a vida de calquera peregrina, de calquera muller”

    En lugar de facer esculturas, cada aula elaborou un cadro unha peregrina: de diferentes idades, culturas, famosas e anónimas e o seu lema. 

    Mirade o vídeo que bonito quedou!