15 marzo 2024

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE TÍTERES

 Esta semana os rapaces e rapazas de 4° de E.P.  desfrutaron dun obradoiro de monicreques.

Mirade que ben o fixeron!




13 marzo 2024

11 marzo 2024

ACTIVIDADES 8 DE MARZO

 Debido ao mal tempo previsto para o 8 de marzo pola mañá decidimos non asistir ao acto organizado polo concello xa que era ao aire libre. Pero iso non impediu que fixésemos un pequeno acto reivindicativo no cole despois do recreo.

Xuntámonos todos no porche cos nosos mandís e escoitamos un pequeno manifesto elaborado pola rapazada de 6 ° de Educación Primaria. Démoslle a volta ao mandil e cantamos a canción " Nais e avoas" da cantante Pauliña.


Aquí podedes ver como nos quedaron os murais que fixemos entre tódalas aulas para o 8 M.



EXPERIMENTANDO NA TELE

O ano pasado a rapazada de 6° de E.P. foi á TVG e participou nun programa de experimentos chamado "Pim-Pam experimenta".

Aquí tedes a participación de 6° A.

Picade na imaxe para ver o ben que o fixeron!



 

04 marzo 2024

NOVIDADES MES DE MARZO

 Aquí tedes as últimas novidades que xa temos na biblio. Podedes atopar, entre outras historias, as novas aventuras de Perrock Holmes ou  da señorita Bubblé. Tamén tedes moitas lecturas en lingua galega e varios cómics.






02 marzo 2024

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Aquí tedes a exposición de Rosalía que fixemos na biblioteca.

Durante esta semana elaboramos as flores a Rosalía como xa é tradición no noso cole, así como outras manualidades.

Aquí tedes unha mostra dalgunhas cousiñas que elaboraron as diferentes aulas.


Rosas a Rosalía da rapazada  de 1° e 4° de E.P.

Ilustración do poema "O moucho" de 1° A.