Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Maio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Maio. Mostrar todas las entradas

30 abril 2026

FESTA DO MAIO

 Hoxe celebramos a festa do maio. Outro ano máis elaboramos un precioso maio co material traído polo alumnado. 

A rapazada de terceiro ciclo foi a encargada de colocar o fiuncho e logo as demais aulas colaboraron na elaboración dos adornos.

Tamén crearon unhas coplas que recitaron os nenos e nenas de 5° de E.P. na xuntanza que fixemos despois do recreo.




01 mayo 2025

FESTA DO MAIO 2025

 Este ano volvemos facer o Maio entre todo o cole e fixemos un pequeno acto no porche de infantil. 

Os rapaces e rapazas de 6° elaboraron varias coplas que logo compartiron con todos nós.








11 mayo 2024

A FESTA DO MAIO

 Este venres celebramos a I Festa do Maio. Tivemos que adiala porque a semana pasada estivo chovendo. Queríamos celebrala canda as Letras Galegas, pero para a semana volve chover.

Despois do recreo reunímonos todos no porche e desfrutamos de varias actuacións realizadas polos rapaces e rapazas da aula de 3 anos B, un grupiño de nenas de 2 ° A, a rapazada da  aula de 4°B e os alumnos e alumnas de 5°.

Aquí tedes unhas fotiños que demostran o ben que o pasamos.



Moitas grazas a todas as familias pola vosa aportación dos diferentes materiais e en especial a Isabel, a avoa de Xabi pola súa axuda na montaxe do maio.