29 mayo 2009

OS NOSOS DESEXOS

Grazas a todos os alumnos, alumnas, pais, nais... que participastedes nesta fermosa iniciativa. De entre todos os desexos, os elexidos foron estes oito:

DESEXAMOS:

1) Que todos os nenos e nenas do mundo sexan ricos lectores e poidan disfrutar dos libros e imaxinar historias fermosas.
2) Poder facer maxia para resolver a todo o mundo os seus problemas.
3) Que as mascosas de tódalas bibliotecas cobren vida.
4) Non ver NUNCA montes queimados, sen cores....
5) Encontrar a vacina para erradicar a violencia.
6) Un mar limpo para os nosos peixes.
7) Ver o mundo cun sorriso pintado.
8) Seguir imaxinando mundos fantásticos coa axuda dos libros.

Agora, queremos convidar a un cole amigo o C.E.I.P. Quintela de Moaña xa que nos gusta moito o seu blog, "biblioteca do cole" que temos en favoritos.

27 mayo 2009

Ana Mª Fernández cos "peques" do cole

Fai pouco visitounos Ana Mª Fernández para falar cos nenos e nenas de infantil e 1º ciclo da súa obra. Entre todos axudaron a decorar a biblioteca (vinde a visitala) e quixéronlle dar unha sorpresa á autora recitándolle e incluso rapeándolle algúns dos seus poemas.

Temos uns videos moi pequerrechiños para compartir convosco.

Perdoade a calidade ¡Aínda estamos aprendendo! Dentro de pouco poñerémosvos imaxes da actividade.

17 mayo 2009

Ana Mª Fernández visitará o cole o 18 de Maio

Os alumnos de infantil e 1º ciclo estiveron traballando
este fermoso libro de Ana Mª onde nos conta contos dun
xeito totalmente distinto ao que estamos acostumados.

Ademáis, todos colaboraron para sorprender á autora e
aos demáis alumnos/as e profesores/as do colexio coa
decoración da biblioteca.

Vinde ver a biblioteca e levade unha das moitas obras
que temos desta autora. Non volas podedes perder!

"Imos inventar un conto, un conto de fantasía;
se non fora polos contos que triste todo sería!"
(Ana Mª Fernández)