24 octubre 2025
10 octubre 2025
14 abril 2025
20 enero 2025
11 noviembre 2024
04 marzo 2024
NOVIDADES MES DE MARZO
Aquí tedes as últimas novidades que xa temos na biblio. Podedes atopar, entre outras historias, as novas aventuras de Perrock Holmes ou da señorita Bubblé. Tamén tedes moitas lecturas en lingua galega e varios cómics.
30 noviembre 2023
NOVIDADES
Aquí tedes algunhas das novidades que temos na biblio. Xa sabedes que podedes vir nos recreos facer préstamos e devolucións e tamén polas tardes de 4 a 6.
08 mayo 2023
02 diciembre 2022
NOVIDADES MES DE DECEMBRO
Aquí amosámosvos as últimas novidades deste mes. Por fin chegaron os tan esperados manga. Tamén podedes atopar libros de Pokemon, as aventuras de Superpedete e Ninja Kid.
Vinde ata a biblio para botarlles unha ollada e levalos para a casa se vos apetece!
04 abril 2022
NOVIDADES MES DE ABRIL
Aquí tedes algúns dos últimos libros que xa tedes á vosa disposición na biblioteca. Esperamos que vos gusten.
09 junio 2021
NOVIDADES MES DE XUÑO
Aquí amosámosvos algunhas das novidades deste mes de xuño.
Subiremos máis nos próximos días.
Lecturas para o 2° ciclo
Lecturas 1° ciclo
01 marzo 2021
30 octubre 2020
NOVIDADES
Aquí tedes os últimos libros catalogados durante estas últimas semanas e postos á vosa disposición na biblioteca. Esperamos que disfrutedes deles.
INFANTIL E PRIMEIRO CICLO
25 enero 2016
Libro para a Paz
A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música.
Material ben acaído para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz.
Velaquí unha mostra das cancións que inclúe o libro-disco:
17 diciembre 2015
Outra novidade
O personaxe principal , Melchor Sabichón, preséntase ao concurso Na busca do neno máis listo pero, malia ter preparado moitos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro, que lle facilita a nai, todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos. Descobre, ao rematar o concurso, que o próximo pásanos moitas veces desapercibido.
05 diciembre 2015
Presentación da guía de lectura.Tempo de Acivros Tempo de Libros
O venres 11 de decembro as 19:00 horas no auditorio de Rianxo faremos a presentación da guía de lectura: “Tempo de acivros, tempo de libros”. Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música.Neste acto participaremos co: C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados, C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, I.E.S. Félix Muriel de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo.21 agosto 2015
A serie de Gatiño, con textos de Joel Franz Rosell e ilustracións de Constanza v. Kitzing.
E canto á Gatiño e as vacacións, cóntasenos que o último día, antes das vacacións, na clase de Gatiño, todos os animais contan a onde irán no verán; hai para todos os gustos: Parrula vaise con súa nai ao mar, Coella vai cos irmáns á casa do avós, Esquío parará a metade do tempo co pai e a metade coa nai e cámping, Ourizo vaise só a aprender idiomas a Inglaterra... pero Gatiño non sabe qué vai facer. Cando chega á casa pregunta e a resposta non pode ser mellor: non irán a ningunha parte “pasarémolo moi ben: papá, túa irmá, teu irmán, ti e máis eu... Serán unhas vacacións fantásticas!, porque imos estar todos... xuntos” di a nai.
Unha ensinanza, o valor de compartir o tempo, facendo o que sexa, sen necesidade de ir nin lonxe nin a un lugar distinto, estar xuntos.
Outra ensinanza, a presentación de todo tipo de familias e situacións e ningunha mellor que outra, simplemente distintas. O traballo coa memoria a través das repeticións...
03 mayo 2015
Novidades editoriais

O corazón da maxia de Xavier Estévez e ilustrado por Santi Gutiérrez, remítenos a ese mundo paralelo (que tentamos descoñecer) dos nenos e nenas enfermas e hospitalizadas. A protagonista ten unha enfermidade grave, que toma con moita filosofía, repartindo alegría pola planta tan pronto se atopa con algo de forza. O tempo compartido con outra pequena na habitación, a necesidade de contarlle un conto para defendela do medo, dan lugar a unha historia que camiña á par da real, onde dúas rapazas parten na busca dos dragóns para salvar as aldeas. Porque os dragóns fan que o mundo continúe sendo como sempre foi, achegan a seguridade de que nada malo vai pasar e hai que rescatalos, estean onde estean... e nesas andan as nosas rapazas. Eses dous amigos, que xa tamén o son nosos, móvense polo universo de Janosh.
"Un día tigre pequeno regresou do bosque coxeando, xa non podía camiñar máis nin manterse en pé e caeu.E quedou alí tombado no chan, no medio do prado.Deseguida chegou correndo oso pequeno e preguntoulle:
–Que che pasa, tigre pequeno? Estás enfermo?
- Eu curareite, dixo oso pequeno"
As personaxes máis entrañables da literatura infantil continúan xuntas. Se sempre se prestaron coidados, agora fano máis, pois os amigos están para iso: para axudarse cando se necesita. Tenrura e humor, diálogos dunha sinxeleza universal e a dozura .É a amizade!!!!!!
07 abril 2015
Novo libro
A mamá que perdeu as cóxegas. de Clara do Roxo con ilustracións de Ana Francisco de Jorge Vázquez.
Velaquí unha historia sobre unha familia na que unha nai, experta en rir e rir e rir gozando das cóxegas, xa non o fai. Que será o que lle pasa?, por que non dorme polas noites?, que é o que lle preocupa? Como en tantas ocasións, serán os pequenos da casa os que inicien unha investigación que consiga aclarar como é que mamá perdeu as cóxegas. E, sobre todo, por que.
01 abril 2015
Novo libro
Bieito Dubidoso de Roque Cameselle na colección Milmanda de Xerais.Bieito Dubidoso, o mago de Tui, xa chegara a nós nun formato dirixido aos pequenos, pero faino agora en forma de novela xuvenil para mostrarnos o horror medieval da man do bispo Xoán, dono e señor da vila con poder absoluto e malas artes. O fermoso e cruel bispo está disposto a mil estratexias para acabar cos de Bieito. Un neno e unha moza chegada do lonxano Norte, Bieito e Destreza, que maduran mentres descubren o amor e a perda das persoas queridas. Rede lectura. Asesoría Bibliotecas Escolares.


























