
.
Hoxe é o
Día da Biblioteca e por iso, decidimos comezar neste día tan sinalado a
"inauguración oficial" da biblio no curso
2011-2012.
Hoxe foron á biblioteca os máis pequerrechiños do cole, os nenos e nenas de 3 anos. Ao longo desta semana e da que vén iremos todos/as á biblioteca a recordar as normas, ver o novo mural da porta e facer
actividades especiais relacionadas coa arte.
Irémosvos contando o que fan os pequenos grandes artístas dos vosos compañeiros/as.
A que xa vos apetece saber que ides facer vós?
Deixovos aquí o cartel que
Emma Ríos, artista galega que traballa en Marvel Cómics, diseñou para celebrar este día nas Bibliotecas Galegas. (Si picades no seu nome tedes máis información sobre ela e os cómics que axudou a debuxar)