31 mayo 2022

MÚSICA NO CAMIÑO: CONCERTO DE JAZZ

 Esta semana a rapazada de 6º puido disfrutar dun fantástico concerto de jazz a cargo de Alfredo Susavila Trío.






30 mayo 2022

Enquisa biblio alumnado

 Eres dos maiores do cole?

Estás en 3º, 4º, 5º ou 6º?

A túa opinión conta! 









Tes ata o venres 3 de xuño para cubrir esta enquisa. 

Moitas grazas por axudarnos a mellorar!

Enquisa sobre a biblioteca para o profesorado


Con só 5 minutos podes axudarnos a mellorar. Tedes ata o venres 3 de maio. 













Grazas por axudarnos!



28 mayo 2022

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIROS DE CESTERÍA

 Esta semana os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de aprender moitísimo nuns obradoiros de cestería que viñeron impartir algúns membros da Asociación Ambar.

Aquí tedes unha imaxes do desenvolvemento da actividade.



Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

27 mayo 2022

VISITAS DE AUTORES: MANUEL FRAGA

 Esta semana recibimos a visita de Manuel Fraga. Nesta ocasión estivo coa rapazada de 4º de primaria.

Aquí tedes unha presentación con información sobre o autor.




E a continuación unhas imaxes da súa visita.


Graciñas Manuel!

21 mayo 2022

LETRAS GALEGAS: AS NOSAS CREACIÓNS

 Os nenos e nenas de 5 anos A de Educación Infantil participaron nun concurso de coloreables de Os Bolechas sobre as Letras Galegas.

Por esa razón aparecen no Facebook de Os Bolechas. Picade na imaxe para ver toda a información!



Os rapaces e rapazas de 4º de Primaria elaboraron estes fermosos libros con lapelas con poemas ilustrados.




Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria  copiaron e ilustraron diferentes poemas do autor.







Os rapaces e rapazas de 6º de Primaria elaboraron un mural sobre o autor con información sobre a súa vida e obra.

+




19 mayo 2022

OBRADOIRO : ALIMENTACIÓN E SOSTENIBILIDADE

 

Esta semana a rapazada de 4º de Educación Primaria participou nun obradoiro sobre alimentación e sostenibilidade impartido por VermisLAB. 

Picade na imaxe para entrar no seu Facebook e poder ver o que publicaron sobre este obradoiro.




15 mayo 2022

ENCONTRO PEREGRINO CO ALUMNADO DE INFANTIL

 

Esta semana os rapaces e rapazas de 6º de Educación Infantil recibiron unha visita moi especial. Un peregrino veulles contar as súas vivencias durante o Camiño. Pero, quen era este peregrino? Pois nin máis nin menos que o avó de Xavi da aula de 6º B. Todos estiveron atentísimos ás súas explicacións.





Moitas grazas á familia de Xavi pola vosa colaboración!

08 mayo 2022

VISITAS DE AUTORES: O HEMATOCRÍTICO

 Esta semana recibimos a visita de o Hematocrítico. Estivo co alumnado de 1º e 2º de primaria. Pasárono xenial xa que lles encantan os seus libros.