Mirade que actividade mais chula imos realizar para a semana.
Animádevos!
Hoxe tivo lugar a actividade "Tecendo o outono coas nosas familias".
Aquí tedes unha mostra do que fixeron.
Aquí podedes ver os cabezudos que elaboraron os grupos de 1° e 2° coas súas familias. Quedaron chulísimos, verdade?
Esta semana os alumnos e alumnas de 1° e 2° desfrutaron xunto coas súa familias dun obradoiro de creación de cabezudos. Esta actividade forma parte das actividades do programa Lectura e familias.
Esta semana tivemos un obradoiro para os rapaces e rapazas de infantil e as súas familias sobre xogos educativos, levado a cabo por Brazolinda.
Este obradoiro foi posible grazas á nosa participación no programa de bibliotecas escolares "Lectura e familias".
Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron as familias no obradoiro do venres pasado.
Grazas profe Tere por esta actividade!
Seguimos coas actividades para as familias.
Agora seguimos cun obradoiro de robótica.
Anotádevos e vinde á biblioteca a pasalo ben. Toda a información xa foi enviada por telegram e abalar ás familias.
O noso cole está participando nun programa chamado "Lectura e familias" levado a cabo pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Grazas a este programa poderemos ofertar diferentes actividades para o alumnado e as súas familias durante estes meses que nos quedan de curso.
Debido ao gran número de alumnado do centro verémonos na obriga de ofertar algunhas das actividades por curso e poñer un aforo.
Agardamos a vosa participación!
Empezamos cun taller de alimentación que será levado a cabo por Arenaria Coordinación.