Mostrando entradas con la etiqueta maio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maio. Mostrar todas las entradas

07 junio 2026

COLABORACIÓN FAMILIAS

 Durante este curso recibimos a visita de varias familias que viven en Rianxo pero proceden doutros países. 

Por exemplo,  Mervys, mamá de Mathías, da aula de 4 anos B veu falarnos de Cuba. 

Anna Sylwia Teodorczyk, nai de León e Noel, veu falarnos do seu país, Polonia.





29 mayo 2026

CLUB DE LECTURA: ROTEIRO LITERARIO

 Este mes os participantes do Club de Lectura do cole visitaron a Fundación Camilo José Cela de Padrón e realizaron un roteiro literario pola vila.



15 mayo 2026

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2026

 Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no cole. Organizamos un pequeno acto onde os nenos e nenas de 6° falaron sobre a vida e obra de Begoña Caamaño. Tamén desfrutamos de varias actuacións de alumnos e alumnas do cole que pertencen a dúas asociacións de baile moi coñecidas en Rianxo,  Vai de roda e Fogo Fatuo. Tivemos a colaboración de varios integrantes de Fogo Fatuo que nos tocaron varias pezas.

Que ben o pasamos!


No cole elaboramos un mural titulado "Saca a lingua pola túa fala". Moitas grazas familias pola vosa colaboración.




08 mayo 2026

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

 Aquí deixamos enlaces de diferentes actividades propostas polo Seminario Galán. Atoparedes actividades para imprimir e tamén moitas actividades para face en liña.

Picade na imaxe.


A continuación podedes ver un vídeo elaborado polo alumnado do Ceip San Pío X (Ourense).





Tamén tedes aquí un enlace a un  Pasapalabra elaborado polos membros do EDLG do cole.



Por último, tedes unha canción creada polos compañeiros e compañeiras  do  CEIP Emilia Pardo Bazán, da Coruña, sobre a vida e obra de Begoña Caamaño 



06 mayo 2026

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

 Hoxe tivemos un contacontos moi especial. Recibimos a visita do grandísimo Paco Nogueiras que estivo cos pequerrechos de Educación Infantil. 

Escoitamos, cantamos e bailamos, 

que ben o pasamos!


VISITA DE AUTORES: TOÑO NÚÑEZ

 Hoxe recibimos a visita de Toño Núñez. Estivo cos nenos e nenas de 5° de E.P. que leron o libro O monstro dos Ancares.


Moitas grazas Toño pola túa visita!

05 mayo 2026

VISITA DE AUTORES: ANXO FARIÑA

 Hoxe o escritor e ilustrador Anxo Fariña estivo coa rapazada de 4° de E.P. Estivo falándolles do seu libro A escola robot.


Moitas grazas Anxo. Gustounos moito a túa visita!

30 abril 2026

FESTA DO MAIO

 Hoxe celebramos a festa do maio. Outro ano máis elaboramos un precioso maio co material traído polo alumnado. 

A rapazada de terceiro ciclo foi a encargada de colocar o fiuncho e logo as demais aulas colaboraron na elaboración dos adornos.

Tamén crearon unhas coplas que recitaron os nenos e nenas de 5° de E.P. na xuntanza que fixemos despois do recreo.




31 mayo 2025

CHARLAS CEIDA

 Durante este curso o alumnado de 5° e 6° recibiu varias charlas do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre a importancia da conservación do medio ambiente e medio mariño.




30 mayo 2025

ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE

Aquí tedes unha mostra  de actividades realizadas polo alumnado de 3° ciclo empregando as TICS.



 E aquí outros proxectos de 3 ° de E.P. na que empregaron libros da BE para buscar a información necesaria.










29 mayo 2025

FACEMOS TEATRO

 Os alumnos e alumnas de 1° de E.P. traballaron o teatro e fixeron un teatro de títeres con personaxes mitolóxicos. Aquí tedes unha mostra dos traballos de 1° A.



Os nenos e nenas de 3° B ilustraron o conto "Maruxa", de Eva Mejuto.  Logo, varios nenos contáronllo ao alumnado de infantil e 2° empregando o teatrillo xaponés kamishibai.







TRABALLOS SOBRE CASTELAO

 Aquí tedes unha mostra dalgunhas actividades sobre Castelao que se realizaron durante este curso.

Empezamos coa clase de 5° A que leu o libro Daniel no peirao. Despois da lectura do libro os nenos e nenas realizaron diferentes actividades.


O alumnado de 1°, 2° e 4° de primaria  elaboraron un mural de forma colaborativa basado nunha obra de Leandro Lamas na que homenaxeaba a Castelao.


Debuxos de Castelao realizados polo alumnado de 1° de E.P.


Os pequerrechos de Educación Infantil realizaron un " Roteiro de Castelao" por Rianxo.



28 mayo 2025

CINEFORUM: CINEMA NAS AULAS.

 Hoxe o alumnado de 6º visionou cinco curtas moi diferentes entre sí e de diferentes lugares do mundo, como Francia ou Portugal, todas elas relacionadas coa igualdade de xénero. Na charla-coloquio posterior o alumnado falou de múltiples temas incluído o papel da muller no audiovisual.



17 mayo 2025

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: CABALGA

 Ao longo desta semana membros da asociación AMICOS estiveron co noso alumnado de primeiro e segundo de primaria explicándolles a labor que desempeñan na recuperación das gorgonias que veñen nas redes dos nosos mariñeiros. 

Mediante xogos ensináronlles cales son aqueles corais que se están a recuperar, e explícouselle o proceso de como se está levando a cabo dita actividade en lonxa.



I CERTAME DEBUXANDO A CASTELAO

 Estes son os debuxos gañadores do I Certame Debuxando a Castelao.



Moitas grazas a todos pola vosa participación!

OBRADOIRO DAS LETRAS GALEGAS

 Os nenos e nenas de 3° e 4° de E.P. realizaron un obradoiro de chapas polas Letras Galegas.



16 mayo 2025

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2025

 Hoxe celebramos as Letras Galegas cun acto no porche de infantil. No cole hai moitas nenas e nenos que saben tocar a pandeireta, polo que o patio encheuse de alegría.

Os rapaces e rapazas estiveron ensaiando durante moitos días e todos se animaron a participar, desde os pequerrechos de infantil ata os maiores de 6º.






15 mayo 2025

SERES MITOLÓXICOS: XOGAMOS?

 Animádevos a facer esta roda de preguntas sobre os seres mitolóxicos. Algúns están no dicionario mitolóxico e outros non. A ver cantos acertades. Sorte!


09 mayo 2025

SAÍDA AO AUDITORIO

 Esta semana o alumnado de primaria baixou ao auditorio e desfrutou da obra "Pegadas de Castelao", levada a cabo por Migallas Teatro.