Mostrando entradas con la etiqueta xullo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xullo. Mostrar todas las entradas

19 julio 2017

LENDO EN RIANXO


As bibliotecas do municipio de Rianxo temos un compromiso común coa lectura, coa cultura e coa aprendizaxe. 

Pretendemos ser centros de recursos para medrar como persoas e espazos de creación e dinamización cultural. 

Como en anos anteriores, na Feira do Libro deste ano que terá lugar os días 20, 21, 22, e 23 de xullo queremos compartir a nosa experiencia colectiva ao redor da lectura.

Ademais poderedes asistir a moitas actividades interesantes, aquí tedes o programa deste ano.
.


Non debedes faltar!

03 agosto 2015

Feira do libro 2015 Rianxo



Un ano máis as bibliotecas de Rianxo participamos na Feira do libro mostrando o noso traballo nunha das casetas e un ano máis elaboramos un vídeo conxunto no que facemos visible o que está a pasar nas biblios de Rianxo ao longo do ano.
O vídeo ten unha banda sonora de luxo,os Carapaus,un grupo con vínculos rianxeiros.
Destacamos tamén a colaboración de Fotos de Rianxo que nos cedeu, coma sempre que llo pedimos, material para a montaxe.

Feira do libro

Actuación do dúo musical Barahunta.
Pregón de Helena Villar Janeiro.
Caseta das Bibliotecas. Lendo en Rianxo.




27 julio 2014

Feira do Libro

Este é o vídeo que proxectamos na caseta das bibliotecas de Rianxo para dar a coñecer o noso traballo de promoción da lectura e do libro.

Feira do Libro Rianxo 2014 from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.

Feira do Libro

Esta é a caseta da biblioteca infantil das bibliotecas de Rianxo. Vinde a visitala!

23 julio 2014

Un montón de actividades para disfrutar da feira do libro


Como poderedes comprobar hai un montón de propostas para acercarvos ata a feira do libro... e disfrutar dos libros e da lectura.

Aquí tedes o programa para non vos perder nada!!!

Non vos olvidedes de deixar nos comentarios o que máis vos gustou, que vos gustaría para outros anos...

03 agosto 2013

Lendo en Rianxo

Na Feira do Libro de Rianxo.
As bibliotecas de Rianxo estivemos presentes na Feira do Libro cunha pequena mostra do traballo que realizamos. Quixemos sacar as nosas bibliotecas á rúa e compartir a nosa experiencia común con tod@s os que paseron pola Feira ao longo deses días. "Lendo en Rianxo" foi o nome que escollemos para o noso espazo nunha das casetas da feira e o título do vídeo que elaboramos para proxectar na feira e mostrar algunhas das actividades que se desenvolven no día a día das bibliotecas de Rianxo.
Aquí o tedes: Lendo en Rianxo.


Programa da Feira do Libro.

Este foi o noso recuncho.