Como cada ano, aquí vos deixamos propostas de lecturas para o nadal.
19 diciembre 2024
28 noviembre 2024
25 N
Para conmemorar este día fixemos dúas actividades.
Por unha banda, a proposta "Non camiñas soa", na que o alumnado trouxo un zapato de muller que pintamos de violeta no cole e que colocamos no porche de infantil facendo un gran lazo violeta.
Tamén a proposta "Non son fada nin princesa a quen mirar. Eu teño ás para voar". Fixéronse dous murais como un"photocall", un en cada pavillón, dunhas ás de fada. Empregando diferentes seres fantásticos o alumnado pensará en micromachismos e en solucións para eses micromachismos.
27 noviembre 2024
INAUGURACIÓN 2024-2025
Pouco a pouco todas as aulas se achegaron ata a biblioteca para facer a inauguración deste curso.
Aquí podedes ver algunhas das actividades que realizaron.
08 octubre 2024
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2024-2025: SOMOS FANTÁSTICOS E EXTRAORDINARIOS
Nas vindeiras semanas faremos a inauguración da campaña deste ano que leva por nome "Somos fantásticos e extraordinarios".
Empezaremos investigando sobre Seres fantásticos e mitolóxicos. Aprenderemos moitísimo sobre seres fantásticos galegos e doutras partes do mundo e tamén produndizaremos en nós mesmos porque todos temos algo que nos fai ser fantásticos e extraordinarios.
Neste cartaz están as actividades que realizaremos para a inauguración.
Animádevos a facer esta sopa de letras!
Tamén podedes facer este cuestionario. (2º E 3º CICLO)
Ou este que é un pouquiño máis
01 octubre 2024
EMPEZAMOS O CURSO!
Xa temos o mural case rematado para a inauguración da biblioteca para este curso 2024-2025.
Teremos que investigar moitísimo ao longo do curso e faremos todo tipo de actividades. A Xouba Castelao volas irá amosando neste blog a medida que as vaiamos facendo.
A partir de hoxe a biblioteca estará aberta nos recreos e tamén polas tardes.
22 junio 2024
SAÍMOS NO XORNAL
E o vídeo dos nenos e nenas de 5° de E.P. gustou tanto que ata saímos no xornal!
Picade no enlace para ler a noticia
20 junio 2024
JALISIA NOTISIAS
Para rematar este curso podedes ver este programa titulado "Jalisia Notisias" realizado pola rapazada de 5° de E.P.
30 mayo 2024
AS FAMILIAS CONTAN
Moitas grazas a todas as familias que vos achegastes ata o cole a contarlles un conto aos compañeiros dos vosos fillos e fillas durante o mes do libro.
28 mayo 2024
DÍGOCHO EU
Rematamos este Dígocho eu con outros dous vídeos.
Co vídeo titulado "Os animais", realizado por Elena e Borja de 5° A e co vídeo titulado "Alfabeto", elaborado por Nerea e William, tamén de 5° A.
Moi bo traballo!
22 mayo 2024
ENQUISA BILIOTECA FAMILIAS
A opinión de tod@s é importante para mellorar.
Agradeceríamos que desde hoxe ata o xoves 30 de maio sacaras 5 minutiños do teu tempo para contestar a esta enquisa.
Grazas por axudarnos!
ENQUISA BIBLIO PROFESORADO
Axudanos a mellorar, cubre esta enquisa. Só leva 5 minutiños!
ENQUISA BIBLIO ALUMNADO
21 mayo 2024
DIGOCHO EU
Esta semana traémosvos dous novos capítulis do Dígocho eu.
Empezamos co capítulo titulado "Utensilios de cociña, levado a cabo por Mara e Nico de 5° A .
Seguimos co capítulo "Cadernos", realizado por Saray e Alén de 5°B.
18 mayo 2024
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Aquí podedes ver a exposición sobre Luísa Villalta no pavillón principal e recopilación de material na entrada da biblio.
14 mayo 2024
DÍGOCHO EU
Continuamos con novos capítulos do Dígocho eu.
Empezamos co capítulo "Alimentos", elaborado por Dafne e Cayetana de 5° A.
E seguimos con "Ratiños", realizado por Lara e Gael de 5°B.
11 mayo 2024
A FESTA DO MAIO
Este venres celebramos a I Festa do Maio. Tivemos que adiala porque a semana pasada estivo chovendo. Queríamos celebrala canda as Letras Galegas, pero para a semana volve chover.
Despois do recreo reunímonos todos no porche e desfrutamos de varias actuacións realizadas polos rapaces e rapazas da aula de 3 anos B, un grupiño de nenas de 2 ° A, a rapazada da aula de 4°B e os alumnos e alumnas de 5°.
Aquí tedes unhas fotiños que demostran o ben que o pasamos.
Moitas grazas a todas as familias pola vosa aportación dos diferentes materiais e en especial a Isabel, a avoa de Xabi pola súa axuda na montaxe do maio.
07 mayo 2024
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA GÓMEZ
Este ano a autora conmemorada no Día das Letras Galegas é Luísa Villalta.
Se picades na imaxe accederedes á páxina do Seminario Galán onde, como sabedes, hai moitas actividades en papel e en liña.
Como tódolos anos presentámosvos unha escolma de actividades que atopamos na rede e que compartimos con vós por se queredes empregalas na aula.
Empezamos cuns pequenos vídeos sobre a súa vida e obra.
Rodicio de Luísa Villalta.
DÍGOCHO EU
Esta semana publicamos o capítulo "Os dedos das mans" realizado por Xiana e Jairo, de 5° A.
E tamén o capítulo "Xuventude", levado a cabo por Zoey e Eloi de 5°B.
30 abril 2024
DÍGOCHO EU
Esta semana publicamos dous novos capítulos do noso Dígocho eu.
Empezamos co episodio titulado " As cores", realizado por Mariña, Víctor e Ízan de 5° A.
Seguimos co episodio titulado "Picores", elaborado por Sabela e Lois de 5° B.
29 abril 2024
VISITA DE AUTORES: IRIA MISA
O luns recibimos a visita da escritora Iria Misa.
Estivo coa rapazada de 5° de E.P. conversando sobre a súa última obra.
Moitas grazas Iria!
26 abril 2024
LECTURA E FAMILIAS: XOGAMOS EN FAMILIA
Esta semana tivemos un obradoiro para os rapaces e rapazas de infantil e as súas familias sobre xogos educativos, levado a cabo por Brazolinda.
Este obradoiro foi posible grazas á nosa participación no programa de bibliotecas escolares "Lectura e familias".
25 abril 2024
DÍGOCHO EU
A rapazada de 5º A e 5º B estivo preparando na materia de Proxecto Competencial uns vídeos do "Dígocho eu".
Empezamos amosándovos o primeiro capítulo titulado "A praia", protagonizado por Noa e Xinrui de 5º B.
Esta é a versión do mesmo capítulo sobre a praia realizada por Uxía e Xabi de 5º A.
E rematamos por hoxe co capítulo "Sapoconchos" realizado por Emma e Ahinara de 5º B.
Seguiremos publicando máis vídeos nas próximas semanas. Estade atentos!
ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO
Esta semana estivo chea de actividades relacionadas co Día do Libro. Que ben o pasamos!
Retomamos a actividade "Booktubers: recomendacións lectoras" que realizáramos fai varios anos. Enlace : BOOKTUBERS
Durante os recreos tivemos na biblioteca obradoiros de marcapáxinas para os diferentes ciclos e contacontos a cargo de Sara e Nazaret, dúas alumnas que están facendo as prácticas coas compañeiras de Educación Infantil.
A Xouba Castelao agasallou un libro a cada aula para conmemorar o Día do Libro.
Fixemos o Amigo invisible entre o profesorado no que se podían empregar libros novos ou usados.
Algunhas aulas fixeron Lecturas ao sol aproveitando o bo tempo.
As familias animáronse a vir ata o cole a contarlles un conto ás aulas dos seus fillos, participando no actividade "As familias contan".
Rebeca, nai de Raúl de 2° B, contoulles o conto Las llaves de los sueños.
Realizamos a actividade Padriños e madriñas lectores entre a rapazada de 5° e 6° e os pequerrechos de Educación Infantil.
Tódalas aulas realizaron diferentes actividades relacionadas con esta data: marcapáxinas, portadas de libros, investigación de vida e obra de diferentes escritores, contacontos, traballos sobre os seus libros favoritos, etc.
23 abril 2024
22 abril 2024
EXPOSICIÓN SOBRE O AUTISMO
Hoxe a rapazada de 5° de Educación Primaria foi ata a Praza de Padrón á inauguración dunha exposición itinerante sobre o autismo organizada polos nosos amigos da Asociación Amicos.
19 abril 2024
SEMANA DO LIBRO NA BIBLIO
Durante a semana do libro teremos as seguintes actividades na biblioteca durante os recreos.
18 abril 2024
12 abril 2024
CONTACONTOS: LUIS VALLECILLO
Hoxe tivemos un contacontos musical da man de Luis Vallecillo.
Os alumnos de 1° e 2° pasárono xenial.
Grazas Consorcio Editorial por esta actividade.
11 abril 2024
BOOKTUBERS
Xa están empezando a chegar os vosos vídeos. Mirade o que nos mandou Nico, da aula de 4 anos B.
Moitas grazas Nico, fantástica recomendación!
E agora tamén podedes ver as recomendacións de Úrsula de 1° A, Mencía Macarena de 4°B e Mateo de 5° A.
Seguimos con máis recomendacións. Aquí podedes ver a Diego, de 5 anos A, Mauro, de 2° A e Sara de 3°B.
Magníficas recomendacións!
Xa recibimos máis recomendacións. Nesta ocasión podedes ver os vídeos de Andrea de 1° A, Estela de 3°B, Uxía Bastos de 3° B, Ángel de 1° A e Pedro de 6° B.
Libros ben interesantes!
Seguimos con Blanca da aula de 4 anos A, Alba de 2° A, Telmo de 3° B e Xiana de 4°B.
E agora temos a Raúl, de 4 anos A, súa irmá Sara de 1° A, Adhara de 2° A, Paio de 2°B e Alexia de 2° B.
Seguimos con Gael, de 5 anos B, súa irmá Daniela, de 2° B, Álex, de 4° B, Xoel de 4° B e Lucía de 3° B.
Xa temos máis vídeos!
Neste vídeo podedes ver as fantásticas recomendacións de Antón, de 5 anos A, Lucía de 1° B, Inés de 2° A, Mateo Buig de 2° A, Héctor de 2° B e Eloi de 5°B
E nesta ocasión temos a Noa, Efrén, Sabela, Daniel e Helena, de 5° B
E agora temos a Alejandra e Teo de 2° A, Vera de 3° B, Uxía de 4° A, Mariña e Xiana de 5° A e Iván de 6°B.
VISITA DE AUTORES: ANTÍA YÁÑEZ
Hoxe recibimos a visita de Ántía Yáñez.
Estivo coa rapazada de 5° de E.P. para falarlles do seu libro Plan de rescate.
10 abril 2024
ACTIVIDADE "RECOMENDACIÓNS LECTORAS: BOOKTUBERS"
08 abril 2024
VISITA DE AUTORES: EVA MEJUTO
Hoxe recibimos a visita de Eva Mejuto. Esta vez estivo cos de 6° de E.P. para falarlles do seu libro o día que choveron gatos.
Moitas grazas Eva! Sempre é un pracer recibirte na nosa biblioteca!
16 marzo 2024
BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE CÓMIC
Este venres os rapaces e rapazas de 3° de E.P. tiveron un obradoiro sobre cómic. Aprenderon moitísimo!
15 marzo 2024
BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE TÍTERES
Esta semana os rapaces e rapazas de 4° de E.P. desfrutaron dun obradoiro de monicreques.
Mirade que ben o fixeron!
13 marzo 2024
11 marzo 2024
ACTIVIDADES 8 DE MARZO
Debido ao mal tempo previsto para o 8 de marzo pola mañá decidimos non asistir ao acto organizado polo concello xa que era ao aire libre. Pero iso non impediu que fixésemos un pequeno acto reivindicativo no cole despois do recreo.
Xuntámonos todos no porche cos nosos mandís e escoitamos un pequeno manifesto elaborado pola rapazada de 6 ° de Educación Primaria. Démoslle a volta ao mandil e cantamos a canción " Nais e avoas" da cantante Pauliña.