Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

28 febrero 2019

FLORES A ROSALÍA

Finalmente fixemos diferentes flores para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro.
Aquí tedes algunhas, cada unha ten o seu propio encanto, verdade?



20 febrero 2019

11 febrero 2019

FEBREIRO: MES DE ROSALÍA E DO AMOR


Como ben sabedes, no mes de febreiro celebramos o mes de Rosalía de Castro e o amor.
Coma tódolos anos,  faremos lecturas e diferentes actividades sobre a autora.
Polo momento xa temos preparada unha escolma de libros sobre o amor.




Ademais xa estamos preparando xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega as flores a Rosalía deste curso.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!








03 julio 2018

ENTREVISTA A ROSALÍA.


Facendo teatro, entrevistando fomos coñecendo a Rosalía. Esta poetisa tamén ten a súa presenza na nosa vila.
Esto ocorreu na biblioteca ala polo mes de febreiro ou marzo.

01 marzo 2015

Flores a Rosalía.

O venres celebramos a homenaxe a Rosalía. Levabamos toda a semana traballando nas aulas sobre a súa vida e a súa obra .Unha das propostas era elaborar Flores a Rosalía. A maioría das clases sumáronse a esta proposta e así o venres saíron moitísimas flores da man dos nenos con este poema de Rosalía.Unha mágoa que non puidemos sacar fotos de todos os nenos e nenas!


Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
Dincho queridiña enteiro
Coa primeiriña esperanza
Co pensamento primeiro.

Dincho cal neno que nase
De ilusións brancas cuberto
Caraveliño cerrado
Ao teu calor dulce aberto.

En solitarios herbales
Era rosiña escondida
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.

E como frol sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E sólo onde ti vivía
E de ti lonxe muchaba.

Queremos lembrar a importancia que Rosalía ten para a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade.
Aínda temos pendente os recitados, rapeados a Rosalía. Estes celebraranse ao longo desta semana.

Eu son Rosalía

Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque..../cando...../para…” 
Aquí temos a Mauro:

25 febrero 2015

Recitando a Rosalia

Recitado do poema Adiós Ríos Adiós Fontes. Nenos e nenas de primeiro que agora están en segundo A.

24 febrero 2015

Eu son Rosalía

Propostas de actividades.
Elaboramos esta tarxeta para que eles e elas escriban Eu son Rosalía: porque ...... cando ...... para.........

Recitando a Rosalía

Hai dous anos tamén recitamos poesías de Rosalía na biblioteca. Rebuscando atopamos este vídeo que estaba sen montar. Estes nenos e nenas que daquela ían en cuarto están agora en sexto.

22 febrero 2015

Día de Rosalía

Durante esta semana propoñemos aprender algo sobre a súa vida , coñecer e recitar algúns dos seus poemas.

Tamén elaborar nas clases unha flor a que lle colgaremos este poema de Rosalía. Estas son as tarxetas que elaboramos:
Busca de información sobre Rosalía de Castro:
Broche ou pegatina:



Máis recursos:
A canción O Moucho de Migallas do seu libro Pan de Millo.
O MOUCHO forma parte dun poema máis longo do seu libro CANTARES GALLEGOS .


Esta é a montaxe do poema O Moucho do IES A Guía, animación en stop-motion .Unha historia de medo en forma de poema.

24 de febreiro día de Rosalía de Castro

Máis recursos que foron repopilándose outros anos. Rosalía.
Rabuñando novos cantares con Rosalía. Material da biblioteca Caracolatola. CEIP Alexandre Bóveda. Algúns recursos e actividades.

Libro Lim sobre Rosalía de Castro.
Baseado no libro "ROSALÍA" editado pola fundación. Autora do libro: Helena Villar Janeiro Ilustradora: Ánxeles Ferrer LIBRO-LIM DO POEMA "PARECE UNHA ROSA", AS ILUSTRACIÓNS SON DE ISABEL PINTADO (ED. ESPIRAL MAIOR) Poemas de Rosalía publicados polo concello de Vigo.
Material sobre Rosalía: Ospoemasdorío

11 febrero 2014

FEBREIRO MES DO AMOR E ROSALÍA




 Selección de Cadros de Leandro Lamas relacionados co amor para que escribades fermosas historias.

Mes do amor e Rosalía




Lúa con trenzas de prata
e ollos encantados
deixa caer uns biquiños 
no meu rostro namorado.

Honorato o rato namorado.
Antonio García Teijeiro.

«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;

augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito, vida do meu corazón». 

                      
                                      Cantares Gallegos.