25 diciembre 2020

AGASALLO DE NADAL# ESPAZO FEDELLEIRO

 Os nenos e nenas de educación infantil elaboraron este fermoso reno Rodolfo con rolos de papel hixiénico e limpapipas. Para o nariz empregaron unha luz led con pila. Mirade que contentos marcharon todos para a casa.

Gustáronvos?







20 diciembre 2020

GUÍA DE LECTURA DE NADAL. PARA COMEZAR O ANO XENIAL UNHAS LECTURAS PARA O NADAL.

 Esta guía comezouse a elaborar en colaboración coas bibliotecas escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal por diferentes motivos de organización debidos ao Covid ao final cada biblioteca decidiu sacar a súa guía.O noso máximo agradecemento a este traballo conxunto. 

    A nosa guía "Para comezar o ano xenial unhas lecturas para o Nadal"pretende dar a coñecer novidades editoriais en galego e outras que non son novidades pero sabemos que teñen o éxito asegurado. Tamén ten un apartado para Gianni Rodari por ser o ano 2020 o centenario do seu nacemento.

    Desexámos que vos sexan útiles. Boas Festas!


   

18 diciembre 2020

ESPECTÁCULO DE TEATRO E DANZA: OS APALPADORIÑOS


Para a semana poderedes gozar da visita do Apalpador e os seus axudantes polas rúas de Rianxo. Picade na imaxe para acceder a toda a información.


17 diciembre 2020

OBRADOIRO DE TÍTERES

 Esta semana dous membros da compañía Barriga Verde viñeron ao colexio facernos un sinxelo obradoiro de títeres. Con tódolos consellos que nos deron, elaboraremos máis adiante os nosos bonecos.








FESTIVAL DE TÍTERES EN RIANXO

Durante as vacacións de Nadal, do 22 ao 30 de decembro, celebrarase a quinta edición  do Festival de Títeres Tradicionais " Titiriberia" no concello de Rianxo.

 Picade na imaxe para acceder a toda a información xa que as actuacións se celebrarán por diferentes zonas de Rianxo.








04 diciembre 2020

03 diciembre 2020

27 noviembre 2020

APRENDENDO COS ESCORNABOTS #ESPAZO FEDELLEIRO

 Aquí podedes ver aos nenos e nenas das aulas de 4 anos aprendendo a utilizar os escornabots xogando nun taboeiro do coñecido conto Corre, corre cabaciña.

Mirade que ben o pasaron!






26 noviembre 2020

XOVES CONTO

 Este xoves presentámosvos o vídeo do conto Cuando las niñas vuelan alto, de Raquel Díaz Reguera que nos fala sobre a igualdade entre nenos e nenas.

Esperamos que vos guste.




25 noviembre 2020

CONMEMORACIÓN 25N: "FABRICANDO LUZ"#BibliotecasSTOPViolencia

 Este ano decidimos ilustrar a canción "Fabricando Luz" de A Banda da Loba. Decidimos dividir a canción en varios anacos e así cada aula ilustrou nunha cartolina o seu cachiño. Esperamos que vos guste o resultado final.




23 noviembre 2020

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Durante as vindeiras semanas poderedes disfrutar duns interesantes obradoiros de Ciencias na biblioteca. Debido a tódalas medidas hixiénicas que temos que seguir polo Covid-19 só puidemos preparar tres estacións xa que nos quedamos sen espazo.



As nosas propostas son:


-Mesa 1: 

*Torso humano.

*Mesa de luz con radiografías do corpo humano.

-Mesa 2: 

*Microscopios de mesa e de man con diferentes mostras.


-Mesa 3: 

*O Branco Non Pinta (libro).

*Prismas (descomposición de luz con lanternas).

*Experimento individual: Disco de Newton. (Suxerimos que pintedes os discos de papel, os recortedes e os peguedes no CD na biblioteca,  logo acabades a montaxe nas aulas). 

Recordámosvos que os CDs están nunha caixa na biblioteca e o resto do material, cortizas e bólas, están na aula de valores do pavillón principal.






Esperamos que aprendades e gocedes moito con esta experiencia!


20 noviembre 2020

CONMEMORACIÓN 25N#BibliotecasSTOPViolencia


Xa tedes á vosa disposición unha exposición de libros de temática relacionada con esta celebración. O lema elixido para esta ocasión é "As cores non teñen xénero"Os titores podedes levar o libro que queirades para a vosa aula. Non esquezades anotarvos no caderno que está encima do expositor. Todas as aulas estades convidadas  a decorar o mural con palabras relacionadas con esta temática. Os nenos de terceiro foron os primeiriños en comezar. Agora xa temos moitas máis palabras.



Tamén hai unha carpeta con diverso material: fichas de comprensión lectora de Irina Bailarina e Artur e Clementina, unha adaptación do cómic O País dos Mandóns, así como exemplos de tarxetas para elaborar cos alumnos.

Dado o seu recente pasamento, queremos aproveitar esta ocasión para homenaxear ao humorista gráfico Quino
Aquí podedes ver unha presentación sobre el e a súa obra elaborada polo equipo da biblioteca.





Tamén tedes na exposición o libro Femenino Singular , cunha selección de todas as tiras feministas de Mafalda.





Tamén ilustraremos entre tódalas aulas a canción A fábrica da luz, de A banda da Loba.


Cando teñamos feita a presentación colgarémola aquí.


Se tedes algunha manualidade ou debuxo que queirades compartir con nós podedes enviala ao noso correo: bibliocastelao@gmail.com co asunto 25 N. Iremos subíndoos ao blogue.







 

1º EXPERIMENTO CLUB DE CIENCIA: O DISCO DE NEWTON

 Esta é a primeira proposta do Club de Ciencia para que poidades experimentar nas aulas. Nesta ocasión trátase da elaboración do Disco de Newton.

Aquí tedes toda a información:


Esta é o modelo para imprimir e poder levar a cabo a actividade:



Animádevos!

19 noviembre 2020

XOVES CONTO


Este xoves presentamos este conto titulado Felipe tiene gripe. Tamén o temos na biblioteca. É un conto con rimas moi divertido. Esperamos que vos guste.




 


16 noviembre 2020

MÁIS NOVIDADES

                        INFANTIL E 1º CICLO                                           





                                              2º 3º CICLO                                        







                     LIBROS DE CONSULTA E REVISTAS                     













 



10 noviembre 2020

CONCURSO DE CARAUTAS DO SAMAÍN

 O I Concurso de Carautas do Samaín foi todo un éxito.

 Temos que agradecervos  a vosa colaboración.

Neste  vídeo podedes ver os gañadores e gañadoras das diferentes categorías.






Graciñas!


06 noviembre 2020

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA CURSO 2020-2021

 

Durante esta semana, diferentes aulas viñeron ata a biblioteca a celebrar a inauguración deste curso.

Visionaron un powerpoint coas normas da biblioteca adaptadas ao protocolo Covid e fixeron diferentes actividades.

Picade na imaxe para ver máis fotos.



30 octubre 2020

NOVIDADES

 Aquí tedes os últimos libros catalogados durante estas últimas semanas e postos á vosa disposición na biblioteca. Esperamos que disfrutedes deles.


                            INFANTIL E PRIMEIRO CICLO                         



                                          2º CICLO                                                   



                                         3º CICLO                                                     



24 octubre 2020

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA 2020-2021

 Aquí tedes as actividades que realizaremos para celebrar a Inauguración da biblioteca deste curso.

Esperamos que vos gusten.





POWERPOINT COAS NORMAS DA BIBLIOTECA: ESTÁN NO ESCRITORIO DO ORDENADOR.

-Canción " O libro", de Pablo Díaz . 3 min. (todos os cursos)



-Libro on line :- ¡Se busca! Lili, la liebre ladrona de libros. 8 min           (EI, 1º e 2º)  



    


-Curta: "Los fantásticos libros voladores del Señor Morris                  Lessmore". 18 min. (3º, 4º, 5º e 6º)




                                                                                 

16 octubre 2020

ACTIVIDADE SOBRE O SAMAÍN

 O equipo de dinamización da lingua galega ( EDLG) xunto co equipo de biblioteca do cole propoñémosvos unha divertida actividade para celebrar o Samaín. Tedes toda a información nestes dous cartaces.



Animádevos a participar!


15 octubre 2020

EXPOSICIÓN SAMAÍN

 Aquí vos amosamos algunhas das lecturas que temos na biblioteca sobre o Samaín. Aínda que este ano non podemos facer os contacontos nin poñer vídeos de medo nos recreos, estamos pensando noutro tipo de actividades para que poidades facer nas aulas cos vosos mestres.






LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2020-2021

 

Aquí vos ensinamos o lema e o cartel proposto desde bibliotecas escolares para este curso.



O lema elixido, Xeografías lectoras na biblioteca escolar, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se  pon ao seu alcance.
A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.


HORA DE LER


 Deste xeito é como as aulas de primeiro gardan os seus libros para a Hora de Ler.

Cada neno ten gardadiños os seus libros nunha bolsa co seu nome e non se misturan cos demais.

Unha idea fantástica, verdade?










MOCHILAS VIAXEIRAS

 Xa están preparadas e entregadas as mochilas viaxeras deste curso. Esperamos que disfrutedes con elas en familia.







09 septiembre 2020

CURSO 2020-2021

 Estimadas familias:

O claustro de profesores lamenta profundamente verse na obriga de   pechar o servizo de biblioteca pola tarde dada a imposibilidade de garantir as medidas sanitarias.

Recordámosvos que é moi importante seguir as normas establecidas polo centro polo ben de toda a comunidade educativa. Neste enlace tedes toda a información:

18 junio 2020

Xoves-conto


Para rematar o Xoves Conto deste curso presentámosvos un conto de piratas, O pirata pata de lata, da editorial Kalandraka.
Esperamos que vos guste.



11 junio 2020

Actividade de convivencia



Coma tódolos anos, os alumnos de 2º de primaria realizaron unha actividade de convivencia co CRA de Rianxo para darlles a benvida aos nenos e nenas do CRA que serán os seus compañeiros o próximo curso.
Como este ano os nenos do CRA non puideron visitarnos, os alumnos do noso cole fixeron unha versión moi particular da poesía "Cantarola dos nenos", de Xosé Neira Vilas.

Ademáis, os nenos do CRA tamén elaboraron un vídeo para presentarse aos seus novos compañeiros.

Esta é a actividade dos nenos do cole.





Aquí tedes o vídeo dos nenos do CRA



Xoves-conto


Esta vez  ensinámosvos o conto Mago Rosa, da editorial OQO. 
Esperamos que vos guste.




Agradecementos


Efrén foi, sen ningunha dúbida, o colaborador do blogue máis activo deste curso. Por iso a Xoubiña Castelao decidiu enviarlle este pequeno agasallo de agradecemento á súa casa. Quedou contentísimo!




Queremos agradecer tamén a tódolos nenos e nenas que participastes nas actividades propostas pola biblioteca e vos animamos a que sigades participando o curso que vén.

Para o ano seguiremos propoñendo retos e repartiremos agasallos entre os que participedes.

MOITÍSIMAS GRAZAS!

09 junio 2020

Traballiños sobre o medio ambiente


Laura de 1º A quixo compartir con todos nós este mural tan fermoso que fixo para o día mundial do medio ambiente. 
Neste traballo ela escribiu un lema que é moi certo "Se coidamos a Terra, ela tamén nos coidará".








                  

Mirade que comedeiros de paxaros fixeron Sabela de 4ºC e Miguel de 3º B reutilizando botellas de plástico.



                                    Moi boa idea rapaces!

GRACIÑAS A TODOS POR COMPARTIR AS VOSAS IDEAS CON TODO O COLE!

Xa sabedes que podedes seguir enviando os vosos traballiños sobre o medio ambiente que nós os publicaremos.



RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LER NO VERÁN SEMPRE É BO PLAN!


Ola familias!
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán.
Recordade que todos estes libros os podedes atopar na Biblioteca Municipal que xa está aberta e agardando a vosa visita.


                                       
                                                                                                                     Picade na imaxe para velas con máis detalle!


EXPERIMENTOS DA AULA DE 5 ANOS A DE INFANTIL


Os nenos e nenas da clase de 5 anos A tamén están facendo experimentos e diferentes investigacións.

Aquí vos ensinamos a Julia, facendo pasta de dentes para elefantes, sí, sí, o que oíchedes, non vos perdades detalle.




O meu libro favorito, lecturas para o verán.


Algúns dos vosos compañeiros de cuarto, agora que se achega o verán e ides ter moito máis tempo libre, quérenvos recomendar os seus libros favoritos:














Pica encima da imaxe para poder ler as recomendacións.


Cal é o teu? Recomenda ti nos comentarios o teu libro favorito e dinos o por que pero non nos desveles o final!!!!


08 junio 2020

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


O tema deste ano é "Innovación para un océano sostible". 
Neste vídeo amosámosvos a importancia dos océanos.


Nestes outros podedes ver o importante que é eliminar o plástico e empregar outro tipo de materiais.




Picade na imaxe. Seguro que vos sorprendedes...  Mirade que cousas se están fabricando co plástico que chega aos océanos e que empresas recollen para REUTILIZALO.



Seguide investigando seguro que hai moitas outras cousas que se fan con plástico reciclado e se non só é cuestión de botarlle imaxinación, convertirvos en inventores e inventalas vós!

Pero recordade que cando falamos das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) a primeira é REDUCIR.
Normalmente é a máis esquecida, centrámonos en reciclar e reutilizar pero o máis importante é non usar ou mercar algo que non sexa necesario.
Sustitúe en todo o que poidas o plástico. Canto menos plástico uses menos posibilidades de que acabe no océano e máis reduciremos a contaminación!



06 junio 2020

REVISTA O PAPAGAIO: mes de xuño

Aquí tedes o Papagaio do mes de Xuño.
Botádelle unha ollada. Hai artigos ben interesantes...

Protocolo contra o Cambio Climático


O alumnado de 4ª de Primaria do CEIP Nicolás del Rio está moi concienciado sobre a importancia do medio ambiente e decidiu actuar en consecuencia. Ao longo deste curso elaboraron un protocolo de actuación para mellorar en todo o posible o coidado do medio ambiente no seu colexio.

Fixeron un vídeo onde recollen todas as súas propostas que publicaron onte polo Día do Medio Ambiente. 

Invitámosvos a velo e a seguir o seu magnífico exemplo.  




E pregúntanvos: 
                                   "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"


04 junio 2020

CLUB DE CIENCIA 2019-2020


Como sabedes, este ano tivemos de novo o Club de Ciencia "Código ADR Castelao". Este curso participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e contamos outro ano máis con  Arenaria Coordinación para impartir a formación.

Aquí tedes unha mostra do que fixeron nas súas clases. Aprenderon moitísimo, desto estamos seguros.
Picade na imaxe para ver máis fotos.






XOVES CONTO: QUE LLE PASA AO PLANETA?

Como mañá é o día Internacional do Medio Ambiente, hoxe traemos un conto sobre o coidado do mesmo. Titúlase ¿Qué le pasa al planeta?, de Eva Clemente.
Esperamos que vos guste.



03 junio 2020

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente invitámosvos a visitar a páxina de Sogama que contén moitas actividades interesantes. Picade nas imaxes para accecer aos contidos: vídeos, xogos...
Botádelle unha ollada e contádenos cales foron as vosas actividades favoritas.





Tamén vos propoñemos esta actividade on-line elaborada pola profe Isabel, de 1ºA sobre a reciclaxe e aforro enerxético:





Se queredes tamén podedes facer un debuxo e logo nós o publicaremos para a semana. Animádevos!