25 abril 2023

23 ABRIL: DÍA DO LIBRO


 O luns , como é tradición no centro, tódalas aulas recibiron un libro como agasallo da Xouba Castelao polo Día do Libro.


Rapaces de 4º A co seu agasallo.

Tamén fixemos o xogo do Amigo Invisible entre o profesorado con libros novos e usados.



Os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º desfrutaron dun contacontos da man de Xanela do Maxín, ofertada polo Consorcio Editorial Galego.



Tivemos Xoves Conto no recreo na biblioteca a cargo de Gabriela, Alexia e Carla, de 6º A, que contaron O pirata pata de lata.


O venres Valeria, Julia Suárez, Alba e Sabela  contáronlle un conto aos nenos e nenas das aulas de 4 anos.





Todos desfrutaron moitísimo!

20 abril 2023

VISITA DE BERTA DÁVILA

 Hoxe recibimos a visita da escritora Berta Dávila. Estivo  cos nenos e nenas de 6° e 4° B, que leron o libro Demetrio Demoscopio perdeu a chispa.



Moitas grazas Berta pola túa visita!

19 abril 2023

LECTURA E FAMILIAS: I OBRADOIRO ROBÓTICA E FAMILIA

O noso cole está participando nun programa levado a cabo pola Asesoría de Bibliotecas Escolares chamado "Lectura e familias".

Grazas a este programa poderemos ofertar diferentes actividades para o  alumnado e as súas familias durante estes meses que nos quedan de curso. Debido ao gran número de alumnado do centro e ao reducido tamaño da biblioteca verémonos na obriga de ofertar as actividades por cursos e poñer un aforo. 

Agardamos a vosa participación.

Empezamos o  próximo mércores cun obradoiro de robótica.






18 abril 2023

CONTACONTOS E OBRADOIRO "A FAMILIA"

 Hoxe os nenos e nenas de 5 anos de E. I. e de 1° de E.P. desfrutaron dunha xornada escolar inclusiva realizada na biblioteca. Consistiu nun contacontos e obradoiro “A FAMILIA” impartida pola Fundación Igual Arte. 

Narra un conto sobre os tipos de familias: monoparentais, numerosas, dúas nais, dous pais, …Rematado o conto, no obradoiro “Creando a miña familia” cada nena e neno creou un bonito móbil colgante dunha persoa da súa casa.

Aquí tedes un pequeno vídeo da actividade.




14 abril 2023

XOGOS DE EDUCACIÓN RESPONSABLE

 Este mércores e xoves os rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º participaron nuns xogos de Educación Responsable.