Este curso a rapazada de 3º ciclo estivo fedellando coa radio de polos creativos. Aquí tedes un Podcast realizado polos compañeiros de 6º de E.P. sobre lendas galegas.
25 junio 2026
07 junio 2026
COLABORACIÓN FAMILIAS
Durante este curso recibimos a visita de varias familias que viven en Rianxo pero proceden doutros países.
Por exemplo, Mervys, mamá de Mathías, da aula de 4 anos B veu falarnos de Cuba.
Anna Sylwia Teodorczyk, nai de León e Noel, veu falarnos do seu país, Polonia.
03 junio 2026
BIBLIO CREATIVA: ESCULTURAS ESTILO GIACOMETTI
Onte e hoxe a rapazada de 4° de E.P. desfrutou dun obradoiro de esculturas de papel estilo Giacometti levado a cabo pola artesá Elektra.
Elaboraron diferentes esculturas que logo servirán para elaborar diferentes vontos e historias.
02 junio 2026
EMPREGANDO A RADIO ESCOLAR
Este curso seguimos experimentando coa radio escolar.
O alumnado de 5º de Educación Primaria participou nun programa de podcasts escolares chamado "Petiscos de Galicia" que pretende compartir as propostas gastronómicas das diferentes zonas. Eles elaboraron a receita da empanada milla de berberechos con cuncha. Na imaxe tedes un enlace a dito podcast. Despois tamén elaboraron a receita na cociña. A empanada estaba riquísima.
A rapazada de 6º de Educación Primaria animouse a recitar uns anacos de poemas de Rosalía de Castro.




