Dende o 15 de xullo ata o 4 de agosto estiveron no Auditorio Municipal as exposicións: Valentín Paz Andrade: Galego de Corazón. Roberto Vidal Bolaño: Autor, Actor e Público do Aquí.
Esta semana toca recollelas!
Na Feira do Libro de Rianxo.
As bibliotecas de Rianxo estivemos presentes na Feira do Libro cunha pequena mostra do traballo que realizamos. Quixemos sacar as nosas bibliotecas á rúa e compartir a nosa experiencia común con tod@s os que paseron pola Feira ao longo deses días. "Lendo en Rianxo" foi o nome que escollemos para o noso espazo nunha das casetas da feira e o título do vídeo que elaboramos para proxectar na feira e mostrar algunhas das actividades que se desenvolven no día a día das bibliotecas de Rianxo.
Aquí o tedes: Lendo en Rianxo.
Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia
DEREITOS DE AUTOR
As diversas actividades que aparecen neste blog están destinadas a fins educativos. Se por calquera motivo: dereitos de autor, imaxe...consideras que algunha delas é inadecuada, fáinolo saber para retirala. Grazas