31 marzo 2022

CLUB DE CIENCIA: OBRADOIROS

 Durante este mes tivemos uns obradoiros de Ciencia ofertados polo Club de Ciencia da escola. Os membros de Arenaria déronnos diversas charlas sobre diferentes aspectos: tecnoloxía, bioloxía, etc.

Coma sempre os nenos e as nenas aprenderon moitísimo e pasárono xenial!











18 marzo 2022

ACTUACIÓN MUSICAL PARA INFANTIL: PACO NOGUEIRAS

 Esta semana recibimos a visita de Paco Nogueiras, quen fixo unha fabulosa actuación  para Educación Infantil ofertada por Kalandraka. Xa sabemos que somos moitos, pero Paco tivo moita paciencia con nós.






Graciñas Paco e volta cando queiras!


09 marzo 2022

8 MARZO: DÍA DA MULLER

 Neste vídeo tedes algúns exemplos das actividades realizadas polo alumnado para conmemorar este día: murais, chapas, pósters...