30 abril 2026

FESTA DO MAIO

 Hoxe celebramos a festa do maio. Outro ano máis elaboramos un precioso maio co material traído polo alumnado. 

A rapazada de terceiro ciclo foi a encargada de colocar o fiuncho e logo as demais aulas colaboraron na elaboración dos adornos.

Tamén crearon unhas coplas que recitaron os nenos e nenas de 5° de E.P. na xuntanza que fixemos despois do recreo.




24 abril 2026

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

 Hoxe celebramos o día do libro cos Apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

Durante a Hora de ler e parte da cuarta hora varios grupos de  maiores de 5° e 6° estiveron léndolles un conto aos pequerrechos de E. Infantil. 

Pasaron un momento moi agradable.


Os pequerrechos de Educación Infantil realizaron coas súas familias a actividade "Cada maleta un destino". Aquí tedes o resultado. Quedounos un mural ben xeitosiño, verdade? Graciñas familias pola vosa colaboración.


Ademais, durante esta semana, algunhas aulas realizaron "Lecturas ao sol" aproveitando o bo tempo.



23 abril 2026

CHARLAS 8M

 Seguimos coas charlas de nais do alumnado.

Durante estas semanas a rapazada de 5° desfrutou de varias visitas. 

Primeiro tiveron a visita de Laura Muñiz, nai de Ana de 5° B, que é policía xudicial.

Logo ven visitarnos Darlenys Liriano, militar e nai de Aisha de 5°C.


Por último recibiron a visita de Anna Teodorczyc, nai de León de 5° C. Anna é de Polonia e estivo contándolles moitas cousas interesantes sobre o seu país.




Moitas grazas a todas pola vosa colaboración!

07 abril 2026

CHARLA SOBRE O AUTISMO

 Hoxe recibimos a visita de Mila Torrado, secretaria da asociación BarbanTEA e autora do libro "Vítor é autista". 

Estivo toda a mañá cos diferentes cursos de primaria explicándolles aos nenos e nenas o seu libro e tamén certas características que presentan as persoas con TEA.


Moitísimas grazas Mila, volta cando queiras!