24 abril 2026

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

 Hoxe celebramos o día do libro cos Apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

Durante a Hora de ler e parte da cuarta hora varios grupos de  maiores de 5° e 6° estiveron léndolles un conto aos pequerrechos de E. Infantil. 

Pasaron un momento moi agradable.


Os pequerrechos de Educación Infantil realizaron coas súas familias a actividade "Cada maleta un destino". Aquí tedes o resultado. Quedounos un mural ben xeitosiño, verdade? Graciñas familias pola vosa colaboración.






Ademais, durante esta semana, algunhas aulas realizaron "Lecturas ao sol" aproveitando o bo tempo.

Tamén elaboramos un mural con portadas de libros do mundo e a rapazada de 5° de E.P. realizou diferentes deseños con libros retirados.








No hay comentarios: