O alumnado de 3 anos B participou este curso no Coro de Emocións de Educación Responsable.
A que o fixeron xenial!
O alumnado de 3 anos B participou este curso no Coro de Emocións de Educación Responsable.
A que o fixeron xenial!
Para rematar este curso traémosvos unhas recomendacións lectoras para desfrutar da lectura no verán.
Os alumnos de 2º B participaron na xuntanza online de Coro Emocións da Xunta de Galicia e a Fundación Botín. Aquí tedes o seu traballo.
Grazas, profe Silverio, por ensaiar con nós!
Os rapaces e rapazas de Educación Primaria elaboraron unhas fermosas tarxetas cun circuito eléctrico para conmemorar o Día dos Océanos.
Mirade que bonitiñas lles quedaron!
Este xoves, a rapazada de 4º tivo un obradoiro de creatividade levado a cabo polo gran Pablo Otero.
Aquí tedes unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizaron.
Os rapaces e rapazas de 3º de E. P. ensínannos nestes vídeos diferentes experimentos que foron realizando ao longo do curso.
Botádelle unha ollada!
Desde o 1 ao 22 de xuño podedes ver no Auditorio Municipal de Rianxo unha mostra dos traballos realizados polo noso alumnado durante estes tres últimos anos dentro do programa Educación Responsable da Fundación Botín co que colabora a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Educación Responsable, é: educación emocional, social e da creatividade e, como non, a biblioteca escolar formou parte desde o primeiro momento aportando os seus fondos, axudando a organizar actividades, acollendo as mesmas, aportando ideas...
A biblioteca non é só un espazo é algo máis e podedes ver o froito dese "algo máis" que facemos nesta exposición.
Non vola perdades!
O curso pasado o alumnado de 6º B creou unha versión de
A Que Sabe a Lúa
en Stopmotion dentro das actividades de Literatura e Creatividade de Educación Responsable da Fundación Botín e coa voráxine de fin de curso non nos demos conta de que non o compartíramos con todos vós.
A que fixeron un gran traballo?
Esta semana recibimos de novo a visita dos nosos amigos da Asociación Amicos. Nesta ocasión viñeron a facer un obradoiro con material reciclado. Mirade o vídeo para descubrir qué animais crearon cun sinxelo tubo de cartón.
A opinión de tod@s é importante para mellorar.
Agradeceríamos que desde hoxe ata o xoves 1 de xuño sacaras 5 minutiños do teu tempo para contestar a esta enquisa.
Grazas por axudarnos!
Durante estas semanas continuamos con actividades de animación á lectura levadas a cabo pola rapazada de 5º e 6º de E. P.
O venres pasado fixemos un Apadriñamento lector de nenos e nenas de 5º A e 6º B cos rapaces e rapazas de 5 anos de E. I. Aproveitando o bo tempo sentáronse nas pistas para gozar do sol e da lectura.
Este xoves voltamos ter a visita de El Hematocrítico. Esta vez estivo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Educación Primaria.
Como ben sabedes, a persoa homenaxeada este ano nas Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego.
Para facilitarvos un pouco esta busca, imos amosarvos varias actividades en liña que nos parecen máis interesantes. Ademáis, tedes á vosa disposición diferentes materias impresos xunto a exposición por se queredes fotocopiar.
Primeiro comezamos cun vídeo elaborado polos nenos e nenas de 5º de E.P. do Colexio Pío X de Ourense sobre a súa vida e obra.
Seguimos con un genially para Educación Infantil.
Hoxe fixemos o Xoves de Conto con Sarai, Eva, Yaiza e Sabela de 6° A. Contaron A casa da mosca chosca.
Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a visita de Paco Nogueiras, quen lles cantou varios dos contos que máis lles gustan, como Chibos, chibóns ou Do, Re, Mi.
Mirade que ben o pasaron!
O luns , como é tradición no centro, tódalas aulas recibiron un libro como agasallo da Xouba Castelao polo Día do Libro.
Tamén fixemos o xogo do Amigo Invisible entre o profesorado con libros novos e usados.
Os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º desfrutaron dun contacontos da man de Xanela do Maxín, ofertada polo Consorcio Editorial Galego.
Tivemos Xoves Conto no recreo na biblioteca a cargo de Gabriela, Alexia e Carla, de 6º A, que contaron O pirata pata de lata.
Todos desfrutaron moitísimo!
Hoxe recibimos a visita da escritora Berta Dávila. Estivo cos nenos e nenas de 6° e 4° B, que leron o libro Demetrio Demoscopio perdeu a chispa.
Moitas grazas Berta pola túa visita!
Seguimos coas actividades para as familias.
Agora seguimos cun obradoiro de robótica.
Anotádevos e vinde á biblioteca a pasalo ben. Toda a información xa foi enviada por telegram e abalar ás familias.
Hoxe os nenos e nenas de 5 anos de E. I. e de 1° de E.P. desfrutaron dunha xornada escolar inclusiva realizada na biblioteca. Consistiu nun contacontos e obradoiro “A FAMILIA” impartida pola Fundación Igual Arte.
Narra un conto sobre os tipos de familias: monoparentais, numerosas, dúas nais, dous pais, …Rematado o conto, no obradoiro “Creando a miña familia” cada nena e neno creou un bonito móbil colgante dunha persoa da súa casa.
Aquí tedes un pequeno vídeo da actividade.
Este mércores e xoves os rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º participaron nuns xogos de Educación Responsable.
Aquí está o resultado final do proxecto Dálles voz. Fixemos unha parte para o 25 N e rematamos o proxecto para o 8M. Cada clase escolleu unha muller e fixo o debuxo nunha caixa. Logo investigou sobre a súa vida e cubriu unha ficha con diferente información. Por último, cada clase gravou un audio con información sobre a muller escollida e crearanse uns códigos QR para pegalos nas caixas e así poder ver a presentación e escoitar os audios coas tablets.
Aquí tedes unha mostra dalgunhas das actividades que realizaron as aulas para conmemorar este día.
Hoxe estivo con nós, Fon, autor e ilustrador do cómic Cósmico, o bombeiro galáctico. Nesta ocasión estivo cos nenos e nenas de 1°.
Pasárono xenial!
Este luns Pere Tobaruela estivo co alumnado de 5° para falarlles do seu libro Formigas, misión Rosalía.
Foi un pracer recibirte de novo na nosa biblioteca.
Esta semana os rapaces e rapazas de 1º estiveron no Espazo Fedelleiro realizando diferentes actividades sobre o corpo humano.
Os nosos amigos da Asociación Amicos volveron un ano máis ao noso cole a propoñernos interesantes actividades.
Este ano, trouxéronnos uns xogos xigantes para sensibilizarnos sobre a importancia da reciclaxe e a contaminación do medio mariño.
Aquí tedes unha pequena mostra das actividades realizadas.
Hoxe sacamos os pinceis ao porche...e así de chulo quedou o noso porche de primaria.
Este mércores, 8 de marzo, a rapazada de sexto elaborou un mural colaborativo. Este mural foi pintado con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes que absorven e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos.
Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que provoca unha árbore adulta.
Os rapaces e rapazas de 5º decoraron bolsas de tea empregando as mesmas pinturas.
Trátase dun proxecto escolar pola sostibilidade levado a cabo pola Fundación Abanca.
Aquí tedes unha mostra do que fixeron.
Durante esta semana o alumnado de 6º de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou nuns obradoiros de Robótica impartidos por Arenaria. Durante estas sesións traballaron nuns paneis sobres os ODS e contidos de sostibilidade con escornabots. Tamén con paneis sobre a fauna mariña e o corpo humano. Ademáis, fixeron construccións con Lego Wedo e puxéronas en marcha.
Aquí tedes un pequeno vídeo para que vexades o ben que o pasaron e o moitísimo que aprenderon.
O luns tivemos a visita da escritora Rosa Aneiros. Esta vez veu conversar co alumnado de 3° e 4° de Primaria.
Este venres celebramos o día de Rosalía cun acto para todo o cole.
Reunímonos todos no porche de infantil e alí puidemos desfrutar
de diferentes actuacións levadas a cabo por varios compañeiros de sexto e unhas compañeiras de segundo.
A rapazada de sexto interpretou anacos das obras máis coñecidas da autora e incluso se animaron a rapear. Para rematar, varias nenas de segundo recitaron un anaco do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Tamén elaboramos diversos modelos de flores, como xa é tradición na escola.
Aquí tedes un vídeo das diferentes actuacións dese día.
O noso cole está participando nun programa chamado "Lectura e familias" levado a cabo pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Grazas a este programa poderemos ofertar diferentes actividades para o alumnado e as súas familias durante estes meses que nos quedan de curso.
Debido ao gran número de alumnado do centro verémonos na obriga de ofertar algunhas das actividades por curso e poñer un aforo.
Agardamos a vosa participación!
Empezamos cun taller de alimentación que será levado a cabo por Arenaria Coordinación.