Xiana e Helena xa se sumaron ao reto de adiviñar animais en lingua de signos.
Seguro que adiviñaron á primeira os que nos propoñen os profes do CEIP Quiroga xa que utilizan a lingua de signos para comunicarse todos os días.
Propóñenvos máis animais para que adiviñedes.
Elexironos dun libro que a min tamén me gusta moito, Abezoo.
É un álbum ilustrado moi orixinal, nel aparece unha poesía sobre un animal para cada letra do abecedario.
Listos?
Aquí tedes os seus vídeos. A adiviñar!
Tedes ata o luns 18, ese día publicaremos as respostas.
Non te olvides de mandarnos os teus!
1 comentario:
Feitas!! 😍
Publicar un comentario