23 abril 2010

23 de abril, Día do Libro.

Neste día tan especial, o Día do Libro e dos Dereitos de Autor, apareceron no cole uns carteis coa resposta de persoeiros que moitos de nós coñecemos moi ben: Fina Casalderrey, Anxo Fariña, Concha Blanco, Anxo Moure... a moitos deles incluso os coñecemos en persoa!
Foi toda unha sorpresa xa que os profes levaban uns días dándonos "a tabarra" con que lles responderamos á pregunta:
Para que les?

Esta iniciativa partiu do blog da ONG "Implicadas para o desenvolvemento" á que se sumaron máis de cen colexios e institutos de toda Galicia entre os que nos atopamos NÓS.

Os carteis foron diseñados por Jaime Eizaguirre Santillán, arquitecto e ilustrador, que quixo colaborar coas bibliotecas escolares de Galicia nesta fermosa iniciativa.

Podedes ver máis respostas de persoeiros coñecidos nesta presentación que fixo o CEP Milladoiro de Malpica.

¿A cantos coñecedes? ¿Cal foi a que máis vos sorprendeu?

Non vos olvidedes que TOD@S PODEDES PARTICIPAR CON NÓS NESTA INICIATIVA DEIXANDO AQUÍ AS VOSAS RESPOSTAS!

Basta con que fagades un comentario nesta entrada.

Moitas Grazas a tod@s os que colaboraron nesta iniciativa.


No hay comentarios: