22 enero 2014

Coñecendo a Cela

Os cursos que rematan ciclo están coñecendo a figura de Cela, Don Camilo ou como lle chamaban súas tías e nai Camiliño Josesiño.
Dous encargados da Fundación Camilo José Cela desenvolven a actividade.
Os cursos de segundo tiveron unha actividade titulada: 
A casa das Letras.
Onde a parte de coñecer a CJC, elaboraron un conto a partires da extracción das letras dunha casa e logo ilustránonno e contáronno.

Para os de cuarto a actividade é diferente . Títulase entrevista a un premio Nobel e nesta primeira sesión están aprendendo a formular as preguntas como verdadeiros reporteiros. Ata gañaron un carnet de xornalista para poder asistir á seguinte sesión, onde entrevistarán a un personaxe misterioso.
Quen será?

No hay comentarios: