30 mayo 2020
Solución 3º reto para o mes de maio
María, mandounos un vídeo coa solución do 3º reto para o mes de maio que nos propuxo
Si queredes saber cal é ou recordalo podedes ver o vídeo.
Aínda estades a tempo de investigalo!
E a solución é.....
SPOILER!!!! NON MIREDES ESTE VÍDEO SI NON QUEREDES SABER A SOLUCIÓN!!!
Tamén podedes ver o vídeo que nos enviou Julia de 5 anos coa súa investigación
28 mayo 2020
XOVES CONTO: A PRINCESA DO CAUREL
Coma tódolos xoves, hoxe tamén vos traemos un vídeo conto.
Esta vez trátase do conto A princesa do Caurel.
Tamén o atopamos en lingua de signos:
Esperamos que vos guste!
26 mayo 2020
FORMACIÓN IMPRESORA 3D
Este curso os nenos e nenas de 6º de primaria recibiron unha pequena formación sobre o uso da impresora 3D que temos no colexio. A profe Yoli, a encargada da biblioteca creativa, encargouse de darlles esta formación. Iso sí, aproveitaron o tempo ao máximo.

Parece que lles gustou, verdade?
Para o ano continuaremos con outros grupos e con máis actividades no recuncho maker!
25 mayo 2020
VOLVERÁN OS BICOS
As titoras de segundo de primaria, Thais e Noemí elaboraron uns vídeos empregando uns salvamanteis que fixeron os seus alumnos e alumnas sobre o medioambiente e a saúde.
Tamén compuxeron unha bonita canción sobre o Covid-19 á que Silvia Ferre lle puxo a música e a súa fermosa voz.
Deixámosvos os vídeos das dúas aulas e tamén a canción por se vos animades a cantala. Picade no recadriño superior para poder ampliar a ventaniña e ver millor o vídeo.
Este é o de 2º A
E este o de 2º B
21 mayo 2020
Museo Virtual do colexio Castelao
Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, o pasado luns 18 de maio, propuxémosvos que nos enviasedes unha imaxe do que ao voso entender debería gardarse no noso museo para que NUNCA se perdese ou olvidase.
Estas son as vosas propostas
Seguimos agardando a túa, anímate e participa.
Calquera pode facelo só envíanos a imaxe a bibliocastelao@gmail.com ou inclúea no album de google fotos que creamos.
XOVES CONTO
A profe Lourdes inventou un fermoso conto polo día da nai co que quere agasallar a todas as mamás.
Tamén o podedes ver no seu blogue "pequenas cousas nosas".
(Xa o temos enlazado no noso apartado de blogs amigos)
Atrevédesvos a inventar un conto con esta técnica?
Estamos desexando recibir vídeos dos vosos conta contos para publicalos os xoves, no "Xoves conto"
20 mayo 2020
Vídeo "Feliz día das Letras"
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole pediuvos que ilustrarades, debuxarades, pintarades ou escribisedes unha palabra, un poema, unha reflexión, un pensamento, un desexo... o que máis vos gustase e que o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, os colgásedes en ventás, árbores, portas das casas para facer visible a nosa lingua... aquí tedes o resultado.
Moitas grazas a todos os que participástedes!
Os nosos traballiños
Fai uns días na entrada "A Nosa Proposta para as Letras" deixámosvos unhas plantillas para que ou ben nos contásedes algunha anécdota que vos ocurriu a vós ou a algunha persoa da vosa familia cun animal ou inventasedes outro final para o libro As Pitas Baixo a Choiva de Ricardo Carvalho Calero.
Aquí tedes os traballiños que nos chegaron ata o momento
As vosas anécdotas con animais
Os finais alternativos para As Pitas Baixo a Choiva
Seguide enviándonolos, en canto poidamos subirémolos!
19 mayo 2020
EXPERIMENTOS 5º A
Os alumnos e alumnas da clase de 5º A están facendo varios retos científicos que lles propuxo a súa titora.
O primeiro deles é un experimento sobre a densidade dos líquidos. Consiste en misturar varios líquidos nunha botella e comprobar que ocorre para despois sacar conclusións sobre a densidade de cada elemento.
Aquí podedes ver os primeiros vídeos.
Iremos subindo máis a medida que vaian chegando.
ARTUR
MARIELA
ARMANDO
HUGO fixo un sobre densidade e flotabilidade
O segundo reto consiste en construir un forno solar, sí, sí, o que estades oíndo. Aprendendo sobre enerxías alternativas.
Armando foi o primeiro da súa clase en realizar este experimento. Mirade cómo fixo e o ben que aproveitou o soliño destes días.
18 mayo 2020
Retos para o mes de maio: cuarto reto
Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos. Este ano celébrase baixo o lema "Museos pola igualdade: diversidade e inclusión."
En España temos moitos museos de todo tipo.
Moitos deles ofrecen visitas virtuais xa que non os podemos visitar en persoa como o Museo del Prado, o Museo Reina Sofía, o Museo Nacional de Historia Natural, o Museo del traje...
E xa que este ano traballamos a Ciencia. Fostedes algunha vez aos Museos Científicos da Coruña? Seguro que si!
Cal é o que máis vos gusta? Por que?
"Museo Virtual do Colexio Castelao"
Si se acabase o mundo e tiveses que salvar algo que sería?
Pode ser desde un invento, un edificio, un libro, un lugar, un cadro...
Envíanos unha foto do que salvarías a bibliocastelao@gmail.com Tamén podes explicarnos brevemente o por que da túa elección e publicarémolo.
Solución ao terceiro reto proposto por Arenaria
Julia, de 5 anos, enviounos este vídeo explicándonos a solución ao reto que nos propuxo María de Arenaria coordinación.
Fixéstelo xenial!!!! Moitas Grazas por participar!!!!
Solucións aos retos en lingua de signos
Si picades na imaxe tedes a solución aos animais que signan os profesores do CEIP Quiroga. Moitas grazas!
Aquí tedes as imaxes das ilustracións ou portadas que inspiraron os nosos vídeos.
Recordade que Xiana e Helena elexiron ilustracións do libro Abezoo.
Os libros ou imaxes nos que se inspiraron Ana, a nosa intérprete de lingua de signos, e os seus peques:
Mirade que fermoso debuxo fixo Sara.
Serías unha magnífica ilustradora!
O profe Dani
A profe Mª José e a súa filla
E a profe Tere envioume outros vídeos onde xa nos mostra o libro no que se inspirou
Esperamos que vos gustara a actividade!
16 mayo 2020
As pitas baixo a choiva: As nosas creacións
En primeiro lugar, os nenos e nenas da clase de 3 anos B coa axuda da súa profe narraron o coñecido conto de Ricardo Carvalho Calero.
Quedoulles xenial, verdade?
Logo, a profe Isa e os seus fillos, Sabela e Miguel, fixeron unha adaptación deste fermoso conto elaborando tamén eles as ilustracións. Mirade o video e xa o veredes.
A nós encántanos, e a vós?
15 mayo 2020
E moitos máis retos en lingua de signos
Ana, a nosa intérprete de lingua de signos, e os seus peques propóñenvos:
O profe Dani
A profe Mª José e a súa filla
E a profe Tere
Agardamos os vosos!
O luns poderedes ver que animal estamos signando.
14 mayo 2020
XOVES CONTO
Parece que vos estades animando a facernos chegar os vosos conta contos.
Esta semana Sabela de 4º quixo contarvos:
La Vaca que Puso un Huevo
Moitas grazas Sabela!
Eres unha estupenda Conta Contos!
13 mayo 2020
Máis retos en Lingua de signos
Xiana e Helena xa se sumaron ao reto de adiviñar animais en lingua de signos.
Seguro que adiviñaron á primeira os que nos propoñen os profes do CEIP Quiroga xa que utilizan a lingua de signos para comunicarse todos os días.
Propóñenvos máis animais para que adiviñedes.
Elexironos dun libro que a min tamén me gusta moito, Abezoo.
É un álbum ilustrado moi orixinal, nel aparece unha poesía sobre un animal para cada letra do abecedario.
Listos?
Aquí tedes os seus vídeos. A adiviñar!
Tedes ata o luns 18, ese día publicaremos as respostas.
Non te olvides de mandarnos os teus!
12 mayo 2020
Máis traballiños sobre o segundo reto: as fases la Lúa
Aquí tedes o estupendo traballo feito por
Lara Sánchez Varela de 1º B
por Borja Ordóñez de 1º A e seu irmán Abel Ordóñez de 4º B.
Picade na imaxe para ver todas as fotos
por Lorena Vidal Villanustre de 1º B
por Iago Vidal Martínez tamén de 1º B
que como estaba algo esfameado decidiu comerse as fases da Lúa. Mirade que boa pinta!
Moitas grazas a todos por participar!
11 mayo 2020
Retos para o mes de maio: terceiro reto
Xa vistedes os traballos que nos fixéstedes chegar sobre as Fases da Lúa? Están xenial! Moitas grazas aos que participastedes. Si queredes podedes seguir enviándonos cousas.
O terceiro reto trata sobre animais e vai ser un reto doble.
Por unha parte, María de Arenaria Coordinación propónvos neste vídeo que investiguedes sobre... mellor védeo para sabelo.
Podedes enviarnos un vídeo ou un documento explicándonos o resultado das vosas pesquisas científicas.
Por outra parte, facémonos eco dun reto proposto no blog da biblioteca do CEIP Quiroga que nos pareceu moi interesante: adiviñar os principais animais do Xeoparque Montañas do Courel que aparecen aquí en Lingua de Signos.
Atrevédesvos?
As solucións, coma sempre publicarémolas a vindeira semana co seguinte reto.
Ademáis, si vos animades podedes enviarnos un pequeno vídeo signando o nome dun animal e xusto a continuación mostrarnos a imaxe dese animal nun libro. Pode ser calquera animal que vos guste e pode estar na portada ou dentro do libro.
Si queredes participar tede en conta que, para que se vexan ben os signos, debedes vestir de negro. Si gravades o vídeo sobre un fondo branco mellor que mellor. Si non é posible, facédeo sobre un fondo homoxéneo.
Estamos desexando ver os vosos vídeos destes dous retos!
Experimento sobre o Coronavirus
Importantísimo!!! Mirade o vídeo!!!
Laura Pego de 1º A fixo un experimento para demostravos por que é TAN IMPORTANTE lavarse as mans.
MOITÍSIMAS GRAZAS, LAURA!!!!
Calendario das Letras Galegas
Como ben sabedes, só falta unha semana para o Día das Letras Galegas. Por iso vos presentamos este Calendario. Tedes que facer as actividades propostas para cada día.
Animádesvos?
Outra vez máis temos que agradecer a outra mestra, esta vez trátase de Azucena do CEIP Vilaverde, que comparta o seu traballo con todolos mestres e nenos e nenas dos coles galegos.
CALENDARIO PARA INFANTIL E 1º
CALENDARIO PARA 2º E 3º
CALENDARIO PARA 4º, 5º E 6º
Animádesvos?
Outra vez máis temos que agradecer a outra mestra, esta vez trátase de Azucena do CEIP Vilaverde, que comparta o seu traballo con todolos mestres e nenos e nenas dos coles galegos.
CALENDARIO PARA INFANTIL E 1º
CALENDARIO PARA 2º E 3º
CALENDARIO PARA 4º, 5º E 6º
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































