Un curso máis, as mochilas viaxeiras da nosa biblioteca poñen rumbo ás casas do alumnado para levar con elas un bo cargamento de historias, lecturas e momentos compartidos en familia.
Pero este ano hai unha novidade moi especial: no 3º ciclo de primaria foron os propios nenos e nenas os que escolleron os libros e os xogos que forman parte das mochilas!
Deste xeito, quixemos darlles protagonismo e permitir que os seus gustos, intereses e recomendacións tamén teñan un lugar nesta iniciativa. Porque quen mellor ca eles para propoñer aquelas lecturas e xogos que lles gustaría compartir cos compañeiros e coas súas familias?
As mochilas están pensadas para descubrir novas historias, xogar, conversar e gozar da lectura en compañía. Son tamén unha oportunidade para facer da lectura unha actividade compartida máis alá das portas da escola.
Agardamos que viaxen por moitos fogares, que se abran con curiosidade e que regresen cargadas de novas experiencias.
Porque ler en familia tamén é unha aventura!


No hay comentarios:
Publicar un comentario