24 febrero 2015

Encontros con escritores.

O xoves 19 de febreiro os alumnos e alumnas e os Mestres de 5º recibimos a visita de Anxo Fariña. Veu a falarnos dos dous últimos libros  dos Megatoxos que publicou
“Os Megatoxos e o ladrón de Xade”
“ Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa “.
A parte de falarnos dos personaxes destes libros, contounos como comezara a idea de crear os Megatoxos, e sabedes como foi?
 A partir de un toxo e dunha aposta cun amigo seu.

Tamén nos falou de como empezar unha historia e darlle forma. Foi moi divertido, porque nos explicou como a partir dun simple debuxo dunha caixa, se podían inventar miles de historias, e  díxonos que a nosa imaxinación nos podería levar a onde nós quixéramos.



Foi unha experiencia inolvidable, ata outra Anxo Fariña!!!!!

No hay comentarios: