Hoxe comezaron as inauguracións na biblioteca.
Os primeiros foron os nenos e nenas de segundo A e B.
Entraron coa Marcha Triunfal de Verdi e logo repasaron as normas de uso e funcionamento da nosa biblioteca.
A continuación coñeceron un pouco da figura de Verdi e algunhas das súas obras, xa que o 10 de outubro cumpriuse o bicenterario do seu nacemento.
Tamén estiveron practicando coas emocións e logo deseñaron un guiñol feito con papel.
Quedaron moi chulos! Cando os teñan todos rematados pondremos máis fotos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
hola encantanme os emoticonos xa que hay caras tristes e alegres, eu dibuxei un demo
todos estan chulos
que chulos vos quedaron os emoticonos dibuxades de maravilla
Publicar un comentario