29 marzo 2011

Mil cousas poden pasar...















... e unha delas é que Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador de libros como A gardería de Dona Bixelmina, A pedra e as formigas, Mil cousas poden pasar... e de cómics como Los amigos de Archimboldo Roque visite o COLEXIO.

Pois si, hoxe os alumnos de 6º, 1º e 2º quedaron entusiasmados cando puideron coñecer a Jacobo.

Pero Jacobo tamén quedou contentísimo ó ver todo o que traballaran os alumnos/as para decorar a biblioteca con cómics, ilustracións dos seus personaxes, as portadas dos seus libros... e incluso unha pequena representación do seu libro A pedra e as formigas.

1 comentario:

bibliocastelao dijo...

Enhoraboa a todo o alumnado de 1º, 2º e 6º que deixaron a biblioteca espectacularmente decorada con cómics e ilustracións para Jacobo.

Moitas grazas a todos por todo o voso esforzo, en especial para os actores de 1º C.

Xouba Castelao