O equipo de dinamización da lingua galega ( EDLG) xunto co equipo de biblioteca do cole propoñémosvos unha divertida actividade para celebrar o Samaín. Tedes toda a información nestes dous cartaces.
16 octubre 2020
15 octubre 2020
EXPOSICIÓN SAMAÍN
Aquí vos amosamos algunhas das lecturas que temos na biblioteca sobre o Samaín. Aínda que este ano non podemos facer os contacontos nin poñer vídeos de medo nos recreos, estamos pensando noutro tipo de actividades para que poidades facer nas aulas cos vosos mestres.
LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2020-2021
Aquí vos ensinamos o lema e o cartel proposto desde bibliotecas escolares para este curso.
HORA DE LER
Cada neno ten gardadiños os seus libros nunha bolsa co seu nome e non se misturan cos demais.
Unha idea fantástica, verdade?
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están preparadas e entregadas as mochilas viaxeras deste curso. Esperamos que disfrutedes con elas en familia.
09 septiembre 2020
CURSO 2020-2021
Estimadas familias:
O claustro de profesores lamenta profundamente verse na obriga de pechar o servizo de biblioteca pola tarde dada a imposibilidade de garantir as medidas sanitarias.
Recordámosvos que é moi importante seguir as normas establecidas polo centro polo ben de toda a comunidade educativa. Neste enlace tedes toda a información:
18 junio 2020
Xoves-conto
Para rematar o Xoves Conto deste curso presentámosvos un conto de piratas, O pirata pata de lata, da editorial Kalandraka.
Esperamos que vos guste.
11 junio 2020
Actividade de convivencia
Coma tódolos anos, os alumnos de 2º de primaria realizaron unha actividade de convivencia co CRA de Rianxo para darlles a benvida aos nenos e nenas do CRA que serán os seus compañeiros o próximo curso.
Como este ano os nenos do CRA non puideron visitarnos, os alumnos do noso cole fixeron unha versión moi particular da poesía "Cantarola dos nenos", de Xosé Neira Vilas.
Ademáis, os nenos do CRA tamén elaboraron un vídeo para presentarse aos seus novos compañeiros.
Esta é a actividade dos nenos do cole.
Aquí tedes o vídeo dos nenos do CRA
Agradecementos
09 junio 2020
Traballiños sobre o medio ambiente
Laura de 1º A quixo compartir con todos nós este mural tan fermoso que fixo para o día mundial do medio ambiente.
Neste traballo ela escribiu un lema que é moi certo "Se coidamos a Terra, ela tamén nos coidará".
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LER NO VERÁN SEMPRE É BO PLAN!
Picade na imaxe para velas con máis detalle!
EXPERIMENTOS DA AULA DE 5 ANOS A DE INFANTIL
Os nenos e nenas da clase de 5 anos A tamén están facendo experimentos e diferentes investigacións.
Aquí vos ensinamos a Julia, facendo pasta de dentes para elefantes, sí, sí, o que oíchedes, non vos perdades detalle.
O meu libro favorito, lecturas para o verán.
Algúns dos vosos compañeiros de cuarto, agora que se achega o verán e ides ter moito máis tempo libre, quérenvos recomendar os seus libros favoritos:
Pica encima da imaxe para poder ler as recomendacións.
Cal é o teu? Recomenda ti nos comentarios o teu libro favorito e dinos o por que pero non nos desveles o final!!!!
08 junio 2020
8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS
O tema deste ano é "Innovación para un océano sostible".
Neste vídeo amosámosvos a importancia dos océanos.
Nestes outros podedes ver o importante que é eliminar o plástico e empregar outro tipo de materiais.
Picade na imaxe. Seguro que vos sorprendedes... Mirade que cousas se están fabricando co plástico que chega aos océanos e que empresas recollen para REUTILIZALO.
Seguide investigando seguro que hai moitas outras cousas que se fan con plástico reciclado e se non só é cuestión de botarlle imaxinación, convertirvos en inventores e inventalas vós!
Pero recordade que cando falamos das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) a primeira é REDUCIR.
Normalmente é a máis esquecida, centrámonos en reciclar e reutilizar pero o máis importante é non usar ou mercar algo que non sexa necesario.
Sustitúe en todo o que poidas o plástico. Canto menos plástico uses menos posibilidades de que acabe no océano e máis reduciremos a contaminación!
06 junio 2020
REVISTA O PAPAGAIO: mes de xuño
Botádelle unha ollada. Hai artigos ben interesantes...
Protocolo contra o Cambio Climático
O alumnado de 4ª de Primaria do CEIP Nicolás del Rio está moi concienciado sobre a importancia do medio ambiente e decidiu actuar en consecuencia. Ao longo deste curso elaboraron un protocolo de actuación para mellorar en todo o posible o coidado do medio ambiente no seu colexio.
Fixeron un vídeo onde recollen todas as súas propostas que publicaron onte polo Día do Medio Ambiente.
Invitámosvos a velo e a seguir o seu magnífico exemplo.
E pregúntanvos:
"Contra o cambio... eu cambio. E ti?"
04 junio 2020
CLUB DE CIENCIA 2019-2020
XOVES CONTO: QUE LLE PASA AO PLANETA?
Esperamos que vos guste.
03 junio 2020
5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente invitámosvos a visitar a páxina de Sogama que contén moitas actividades interesantes. Picade nas imaxes para accecer aos contidos: vídeos, xogos...
Botádelle unha ollada e contádenos cales foron as vosas actividades favoritas.
Se queredes tamén podedes facer un debuxo e logo nós o publicaremos para a semana. Animádevos!














