Os nenos e nenas da clase de 5 anos A tamén están facendo experimentos e diferentes investigacións. Aquí vos ensinamos a Julia, facendo pasta de dentes para elefantes, sí, sí, o que oíchedes, non vos perdades detalle.
O tema deste ano é "Innovación para un océano sostible". Neste vídeo amosámosvos a importancia dos océanos.
Nestes outros podedes ver o importante que é eliminar o plástico e empregar outro tipo de materiais.
Picade na imaxe. Seguro que vos sorprendedes... Mirade que cousas se están fabricando co plástico que chega aos océanos e que empresas recollen para REUTILIZALO.
Seguide investigando seguro que hai moitas outras cousas que se fan con plástico reciclado e se non só é cuestión de botarlle imaxinación, convertirvos en inventores e inventalas vós! Pero recordade que cando falamos das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) a primeira é REDUCIR. Normalmente é a máis esquecida, centrámonos en reciclar e reutilizar pero o máis importante é non usar ou mercar algo que non sexa necesario. Sustitúe en todo o que poidas o plástico. Canto menos plástico uses menos posibilidades de que acabe no océano e máis reduciremos a contaminación!
O alumnado de 4ª de Primaria do CEIP Nicolás del Rio está moi concienciado sobre a importancia do medio ambiente e decidiu actuar en consecuencia. Ao longo deste curso elaboraron un protocolo de actuación para mellorar en todo o posible o coidado do medio ambiente no seu colexio. Fixeron un vídeo onde recollen todas as súas propostas que publicaron onte polo Día do Medio Ambiente. Invitámosvos a velo e a seguir o seu magnífico exemplo.
E pregúntanvos: "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"
Como sabedes, este ano tivemos de novo o Club de Ciencia "Código ADR Castelao". Este curso participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e contamos outro ano máis con Arenaria Coordinación para impartir a formación.
Aquí tedes unha mostra do que fixeron nas súas clases. Aprenderon moitísimo, desto estamos seguros.
Como mañá é o día Internacional do Medio Ambiente, hoxe traemos un conto sobre o coidado do mesmo. Titúlase ¿Qué le pasa al planeta?, de Eva Clemente. Esperamos que vos guste.
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente invitámosvos a visitar a páxina de Sogama que contén moitas actividades interesantes. Picade nas imaxes para accecer aos contidos: vídeos, xogos... Botádelle unha ollada e contádenos cales foron as vosas actividades favoritas.
Tamén vos propoñemos esta actividade on-line elaborada pola profe Isabel, de 1ºA sobre a reciclaxe e aforro enerxético:
Se queredes tamén podedes facer un debuxo e logo nós o publicaremos para a semana. Animádevos!
María, mandounos un vídeo coa solución do 3º reto para o mes de maio que nos propuxo Si queredes saber cal é ou recordalo podedes ver o vídeo. Aínda estades a tempo de investigalo!
E a solución é.....
SPOILER!!!! NON MIREDES ESTE VÍDEO SI NON QUEREDES SABER A SOLUCIÓN!!!
Este curso os nenos e nenas de 6º de primaria recibiron unha pequena formación sobre o uso da impresora 3D que temos no colexio. A profe Yoli, a encargada da biblioteca creativa, encargouse de darlles esta formación. Iso sí, aproveitaron o tempo ao máximo.
Parece que lles gustou, verdade? Para o ano continuaremos con outros grupos e con máis actividades no recuncho maker!
As titoras de segundo de primaria, Thais e Noemí elaboraron uns vídeos empregando uns salvamanteis que fixeron os seus alumnos e alumnas sobre o medioambiente e a saúde. Tamén compuxeron unha bonita canción sobre o Covid-19 á que Silvia Ferre lle puxo a música e a súa fermosa voz. Deixámosvos os vídeos das dúas aulas e tamén a canción por se vos animades a cantala. Picade no recadriño superior para poder ampliar a ventaniña e ver millor o vídeo.
Este é o de 2º A
E este o de 2º B
Esperamos que vos guste. Ánimo que xa nos queda menos!
Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, o pasado luns 18 de maio, propuxémosvos que nos enviasedes unha imaxe do que ao voso entender debería gardarse no noso museo para que NUNCA se perdese ou olvidase. Estas son as vosas propostas
Seguimos agardando a túa, anímate e participa. Calquera pode facelo só envíanos a imaxe a bibliocastelao@gmail.com ou inclúea no album de google fotos que creamos.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole pediuvos que ilustrarades, debuxarades, pintarades ou escribisedes unha palabra, un poema, unha reflexión, un pensamento, un desexo... o que máis vos gustase e que o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, os colgásedes en ventás, árbores, portas das casas para facer visible a nosa lingua... aquí tedes o resultado.
Fai uns días na entrada "A Nosa Proposta para as Letras" deixámosvos unhas plantillas para que ou ben nos contásedes algunha anécdota que vos ocurriu a vós ou a algunha persoa da vosa familia cun animal ou inventasedes outro final para o libro As Pitas Baixo a Choiva de Ricardo Carvalho Calero. Aquí tedes os traballiños que nos chegaron ata o momento
As vosas anécdotas con animais
Os finais alternativos para As Pitas Baixo a Choiva
Seguide enviándonolos, en canto poidamos subirémolos!
Os alumnos e alumnas da clase de 5º A están facendo varios retos científicos que lles propuxo a súa titora.
O primeiro deles é un experimento sobre a densidade dos líquidos. Consiste en misturar varios líquidos nunha botella e comprobar que ocorre para despois sacar conclusións sobre a densidade de cada elemento.
Aquí podedes ver os primeiros vídeos.
Iremos subindo máis a medida que vaian chegando.
ARTUR
MARIELA
ARMANDO
HUGO fixo un sobre densidade e flotabilidade
O segundo reto consiste en construir un forno solar, sí, sí, o que estades oíndo. Aprendendo sobre enerxías alternativas.
Armando foi o primeiro da súa clase en realizar este experimento. Mirade cómo fixo e o ben que aproveitou o soliño destes días.
Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia
DEREITOS DE AUTOR
As diversas actividades que aparecen neste blog están destinadas a fins educativos. Se por calquera motivo: dereitos de autor, imaxe...consideras que algunha delas é inadecuada, fáinolo saber para retirala. Grazas