01 noviembre 2015

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR. INAUGURACIÓN.

Outubro é o noso mes especial. A biblioteca acolle as inauguracións, reapertura anual da biblioteca.
As actividades son: 
Recordamos como funciona a biblioteca, normas.
Presentamos a campaña deste curso: 

Soñando Galicia con Manuel María.

Decoramos os marcapáxinas da campaña.

Recitamos o poema o Ourizo de Manuel María. Lemos o conto de "Mouriño".

Deseñamos unha portada relacionada co outono.

Algunhas fotos:

31 octubre 2015

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 A nosa celebración no mes das Bibliotecas Escolares consistiu na entrega das mochilas viaxeiras e comezo das inauguracións. 


Grazas ,unha vez máis, á BPM Castelao por emprestarnos fondos para poñer en marcha as mochilas viaxeiras.

RECEITA BISCOITO DE CABAZA

As clases de segundo prepararon uns biscoitos de cabaza
Unha forma divertida de aprender a elaborar unha receita  e ademais escribila. 
Seguro que estas experiencias non se esquecen!
Animádevos a preparala!

Exposición libros de Medo polo Samaín.

Ao longo destas semanas estiveron expostos libros relacionados coa temática do "Medo" para que os nenos e nenas os leran nos recreos e nas súas Horas de Ler nas clases.






Tamén están con eles os nosos monstrosos Papamedos para que coman os medos dos nenos nenas. 
No magosto queimarémolos todos.
A ver si desaparecen!

30 octubre 2015

El monstruo de colores.



El monstruo de colores
Anna Llenas

El Monstruo de Colores non sabe o que lle pasa. Fíxose un lío coas emocións e  agora  tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida, que introducirá aos pequenos e a maiores no fascinante linguaxe das emocións.
Para ler o libro:

28 octubre 2015

CURTAS DO SAMAÍN. A BRIGADA DOS SEPULTUREIROS

Nun arrepiante cemiterio viven tres estrafalarios sepultureiros que dedican a maior parte do tempo a resolver estraños misterios. Coñecemos a esta brigada?

                                     CURTA:  A MANCHA

26 octubre 2015

CURTAS DO SAMAÍN

Nun arrepiante cemiterio viven tres estrafalarios sepultureiros que dedican a maior parte do tempo a resolver estraños misterios.

22 octubre 2015

Celebración do "Día da Biblioteca" na BPM

.
Este venres e sábado non te olvides de ir á Biblioteca Pública Municipal Castelao para celebrar o "Día da Biblioteca"

O venres 23 ás 19.00 horas podes disfrutar do contacontos dos Quinquilláns 

Por que é salgada a auga do mar?

O sábado 24 haberá visitas guiadas, obradoiros e exposicións sobre o mar. 




Non deixedes de ir!

21 octubre 2015

Samaín en Exipto.

Estámonos achegando ao Samaín.

Conto elaborado polos nenos e nenas que o curso pasado ían en 1º B.
O mesmo conto pero en vídeo.

20 octubre 2015

PLAN ANUAL DE LECTURA 2015-2016

                                                                 HORA DE LER NA CASA
Porque ler sempre é importante tanto na casa como na escola. Adícalle un momento de lectura no teu cuarto e pon este colgador na porta para que ninguén che interrumpa na túa aventura.

PLAN ANUAL DE LECTURA 2015-2016

POÑEMOS A VOSA DISPOSICIÓN ESTA PLANTILLA DE HORARIO PARA COMPLETAR
                                               HORARIO PARA COLOREAR CLASES

                                                    MODELOS DE MARCAPÁXINAS: 
                                    SOÑANDO GALICIA CON MANUEL MARÍA.

GUÍA DE COLABORADORES 2015-2016

Colaboradores biblioteca 2015- 2016

Estes son os nosos colaboradores para este curso. Algún ou algunha falta e outros cambiaron de idea.
Despois de varias  semanas de proba, hoxe foron pasando pola biblioteca para asinar o seu compromiso e recibiron a súa guía de colaboradores.



Moitas grazas por colaborar co cole e coa biblioteca!

Recomendación


Porque Cuqui non quere ir á lavadora, conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir

É o título do primeiro álbum da escritora María Lado , publicado en Apiario en 2014. As ilustracións son de Yanina Torres Tuirán.
Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas.
Este álbum ten interés para a lectura en familia e a través del podemos establecer vínculos afectivos coa lingua, tan necesarios hoxe.

05 octubre 2015

Biblioteca escolar, base de exploracións



Este ano a campaña proposta por Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia é

 "Biblioteca escolar, base de exploracións"

polo que ao longo do curso realizaremos diversas actividades nas que nos convertiremos  en exploradores/as.
Exploraremos o mundo e o que hai fóra del pero sobre todo exploraremos o que temos máis cerca. O que hai en Galicia.
 Nesta ocasión encargado de ilustrar foi o ilustrador e autor de banda deseñada Fran Bueno.


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/802

 Pica na imaxe para coñecer máis sobre a campaña proposta pola Consellería.

Benvidos/as ao curso escolar 2015/6!

21 agosto 2015


A serie de Gatiño, con textos de Joel Franz Rosell e ilustracións de Constanza v. Kitzing.
E canto á Gatiño e as vacacións, cóntasenos que o último día, antes das vacacións, na clase de Gatiño, todos os animais contan a onde irán no verán; hai para todos os gustos: Parrula vaise con súa nai ao mar, Coella vai cos irmáns á casa do avós, Esquío parará a metade do tempo co pai e a metade coa nai e cámping, Ourizo vaise só a aprender idiomas a Inglaterra... pero Gatiño non sabe qué vai facer. Cando chega á casa pregunta e a resposta non pode ser mellor: non irán a ningunha parte “pasarémolo moi ben: papá, túa irmá, teu irmán, ti e máis eu... Serán unhas vacacións fantásticas!, porque imos estar todos... xuntos” di a nai.
Unha ensinanza, o valor de compartir o tempo, facendo o que sexa, sen necesidade de ir nin lonxe nin a un lugar distinto, estar xuntos.
Outra ensinanza, a presentación de todo tipo de familias e situacións e ningunha mellor que outra, simplemente distintas. O traballo coa memoria a través das repeticións...